Océanos: millóns de virus

O biólogo Antonio Figueras analiza o recente achado de 200.000 novos virus mariños

Os océanos están repletos de virus. Isto é o que se podería pensar dos achados de publicados recentemente por un equipo internacional de investigadores. Identificaron preto de 200.000 novos virus mariños, unha cifra moi superior aos 15.000 coñecidos ata agora, segundo un estudo publicado na revista científica Cell. Non esquezamos que nun litro de auga de mar hai mil millóns de virus.

Estes investigadores describiron exactamente 195.728 virus distintos. Ata agora só se identificaron 15.000 virus mariños diferentes, polo que o catálogo aumentou un 92%, con 180.448 novas poboacións virais.

Publicidade

A explicación de por que atoparon tal variedade, está no método que empregaron e na propia definición de especie que se aplica aos virus. Os virus son “axentes infecciosos microscópicos non celulares que só poden multiplicarse dentro das células doutros organismos”.


“As especies sepáranse pola incapacidade de dous exemplares para xerar unha descendencia fértil. Nos virus, isto non é así. Para clasificalos hai que analizar o seu xenoma. O problema é que os virus se replican e mesturan os seus xenes cando infectan a unha mesma célula. Así evolucionan e multiplican a súa diversidade sen que apenas presenten cambios aparentes.”

Publicidade

Os investigadores tiveron que darlle nome (anotar) milleiros de secuencias xénicas moi curtas e con xenes de función descoñecida. Isto permitiu obter un número tan alto de virus descoñecidos ata agora. Os resultados puxéronse a disposición da comunidade científica a través da base de datos Global Ocean Viromes (GOV 2.0).

Con todo, só puideron aplicar estas técnicas aos virus formados por ADN. Da súa análise excluíron os virus ARN (outra forma de material xenético implicado na síntese de proteínas). Este tipo de virus forma parte do 50% do total das partículas virais da auga do mar, polo que a metade dos virus dos océanos está aínda por investigar.

O traballo amosa que os virus mariños distribúense en cinco zonas ben diferenciadas: o océano Ártico, o Antártico, as augas superficiais e tépedas próximas aos trópicos, as capas intermedias a profundidades de entre 150 metros e 1.000 metros e, por último, as zonas máis fondas ata chegar ao fondo mariño. Os datos desta última zona proveñen da expedición española Malaspina, realizada entre 2010 e 2011, que recolleu microbios e virus a ata 4.000 metros de profundidade.

Entre esas cinco áreas hai dúas zonas con unha diversidade viral moito maior que o resto. A primeira é a zona tépeda, a segunda: o océano Ártico. A diversidade de especies da maioría de seres vivos é maior canto máis preto están do ecuador e diminúe cara aos polos. Os resultados mostran que esta teoría é válida para os virus no océano Antártico, onde hai comparativamente menos que nas zonas tépedas, pero unha vez cruzado o ecuador a diversidade segue a aumentar e é case igual nas xélidas augas que rodean o Polo norte. Os autores destacan que precisamente é este o océano que máis rápido está a cambiar polo cambio climático.

Pero tranquilos. Podemos seguir nadando.

Para saber máis:

The virome hunters

Hundreds of thousands of marine viruses discovered in world’s oceans

Antonio Figueras
Antonio Figuerashttp://iim.csic.es/es/estructura/11-inmunologia-y-genomica
Profesor de investigación do Centro Superior de Investigacións Científicas no Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Vigo, entre as 20 cidades europeas con máis alertas de po sahariano de 2026

Un novo informe de Copernicus contabiliza nove xornadas con avisos no enclave galego, na súa maioría de intensidade moderada-alta

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro

Vigo rexistra as maiores concentracións de “contaminantes eternos” da costa atlántica peninsular

Un estudo do IEO-CSIC analiza a presenza de PFAS en mostras de moluscos recollidos dende Francia ata o Golfo de Cádiz

De Vigo a Xapón para estudar novas estratexias naturais contra as mareas vermellas

A investigadora Rocío Blanca Sújar explora o potencial das macroalgas no control tóxico das proliferacións de algas nocivas