Mércores 8 Maio 2024

Estralar o teu pescozo: un costume que pode ter riscos

Aínda que o 99,9% de veces non pasa nada, esta manía pode chegar a provocar accidentes cerebrovasculares, o coma e incluso a morte

É un hábito que moita xente ten. Á mínima molestia no pescozo ou na zona cervical, estralamos os ósos da zona, o que parece darnos unha lixeira sensación de alivio. A maioría das veces non pasa nada, pero hai un pequeno risco que habería que ter en conta. Algo así lle pasou a Josh Hader, un estadounidense que estaba traballando na súa casa cando sentiu esta habitual incomodidade. Pensou que estirar un pouco pescozo podería proporcionarlle alivio; pero empregou máis presión da necesaria e, de repente, escoitou un estralo e o lado esquerdo do seu corpo comezou a adormecer.

Para descartar un derrame cerebral, Hader comprobou que os músculos da súa cara non estaban caídos. Funcionaban ben, así que concluíu que tería un nervio afectado. Cando se levantou para coller unha bolsa de xeo, decatouse de que algo ía mal: non podía camiñar en liña recta, só nun ángulo de aproximadamente 45º.

Publicidade

O diagnóstico

Nos dous minutos que pasaron ata que foi conducido ao hospital, o seu estado empeorou; para cando chegou á sala de emerxencias, sobre media hora despois, Hader xa non podía camiñar. O diagnóstico dos médicos foi que sufría un derrame cerebral grave, causado por un desgarro na arteria vertebral, unha das arterias principais do pescozo que soben cara o cerebro; e como consecuencia formouse un coágulo.

O médico confirmou que estaba a sufrir un derrame cerebral e que necesitaba recibir un medicamento coñecido como activador tisular do plasminóxeno, ou tPA, que disolve os coágulos de sangue. Hader foi trasladado ao Hospital Mercy, onde permaneceu na unidade de coidados intensivos durante varios días antes de ser levado a un centro de rehabilitación.

Coa axuda da terapia física, volveu a camiñar en cuestión de semanas. Non perdeu ninguna capacidade cognitiva ou da fala, aínda ten problemas de equilibrio, dificultade para controlar o seu brazo esquerdo e falta de sensibilidade no brazo e perna dereita, entre outros síntomas persistentes. Aínda que Vance McCollom, o médico que o atendeu no Mercy, asegura que o home podería ter morto.

Os perigos de estralar o teu pescozo

O neurólogo Kazuma Nakagawa explicou ao periódico The Post que unha disección da arteria vertebral causa accidentes cerebrovasculares que poden afectar a persoas máis novas entre os 20 e os 30 anos, e non ten nada que ver coa saúde dunha persoa. “A xente só necesita saber que a dor de pescozo repentina pode potencialmente ser o punto de partida dun derrame cerebral“, dixo Nakagawa.

“O talo cerebral é o corazón e a alma do cerebro. Sen iso, o noso cerebro simplemente non funciona”, di Kazuma Nakagawa

Segundo explica o neurólogo, as arterias vertebrais do pescozo únense no cerebro para converterse na arteria basilar, que cumpre o papel fundamental de fornecer sangue ao talo cerebral. Se un desgarro na arteria vertebral inflúe na arteria basilar, o accidente cerebrovascular pode ser fatal: pode causar un coma ou deixar a unha persoa nun estado vexetativo permanente. “O talo cerebral é o corazón e a alma do cerebro”, explica Nakagawa. “Sen iso, o noso cerebro simplemente non funciona”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O tipo de sangue inflúe no risco de derrame cerebral: estas son as diferenzas

Un estudo publicado en Neurology apunta ás diferenzas entre tipoloxías cunha aparición temperá deste tipo accidentes cerebrovasculares

Así é como unha lesión cerebral nos ‘desengancha’ das adiccións

Un estudo revela que persoas fumadoras foron capaces de deixar o tabaco e superar a dependencia despois de sufrir un derrame cerebral