Venres 19 Abril 2024

Crean un láser que caza as células metastásicas do melanoma

A revista "Science Translational Medicine" recolle un artigo no que se describe un método non invasivo para neutralizar as células tumorais circulantes

A científica galega Marisol Soengas, unha das referencias internacionais na investigación contra o melanoma, expón que o risco deste tipo de cancro de pel está na súa gran capacidade de expansión e mutación a través das metástases. O cancro espállase a través das células tumorais circulantes (CTCs) que se trasladan a través do sangue a outras partes do corpo. E estas metástases son, realmente, a causa de moitas das mortes do cancro, alén do tumor primario.

Estas células constitúen unha das batallas que xogan na actualidade os científicos, con técnicas como a biopsia líquida, que analiza o sangue na busca de posibles sinais da metástase. E unha investigación que esta semana publica a revista Science Traslational Medicine expón unha tecnoloxía que, de desenvolverse e perfeccionarse, podería ser un arma potente contra as metástases: un equipo da universidade de Arkansas probou con éxito un láser que pode detectar as CTCs e destruílas desde o exterior.

Publicidade

Unha técnica fotoacústica non invasiva, que “ten o potencial de inhibir a progresión da metástase” no melanoma, segundo indica un dos autores da investigación, Vladimir Zharov. Crearon un tipo de láser, chamado Cytophone, que se emite cara a estas células, conseguindo que estas absorban moita máis enerxía en forma de calor que as células normais. Así, as CTCs acaban destruídas.

“O uso dos láser está revolucionando o diagnóstico e tratamento das doenzas. Porén, este tipo de láseres conseguiu previr o seu uso en moitas aplicacións médicas a nivel celular”, dixera Zharov en 2017 co gallo da publicación doutro artigo da mesma liña de investigación. E estes novos resultados son prometedores: “Nun paciente, conseguimos destruír o 96% das células tumorais”, declara o investigador.

Do mesmo xeito, as investigacións realizadas por Zharov e o seu equipo expoñen que a posibilidade de que o láser poida mellorar as prestacións de fármacos contra o tumor administrados aos pacientes de melanoma.

Segundo expoñen os autores do traballo, o novo láser pode “analizar” un litro de sangue nunha hora en busca de células tumorais, unha velocidade moito maior que dispositivos anteriores. E Science apunta a que nese tempo, o láser pode atopar unha única CTC nun litro de sangue, o que significa tamén que é 1.000 veces máis sensible ca outros métodos.

Referencia: In vivo liquid biopsy using Cytophone platform for photoacoustic detection of circulating tumor cells in patients with melanoma (Publicado en Science Traslational Medicine).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O melanoma ‘rompe’ xenes para resistir a acción dos fármacos

Un de cada dous pacientes con este tumor de pel terá mutacións no xene BRAF e o 50% dos casos recaerán nun ano

Os casos de cancro de próstata duplicaranse en 2040

Un informe publicado na revista 'The Lancet' estima que en menos de dúas décadas haberá 2,9 millóns de pacientes con este tumor

“Con suficiente investigación, a maioría dos cancros poderanse tratar na década de 2040”

Jesús Sánchez, responsable de proxectos na Fundación CRIS, asegura que as terapias CAR-T foron unha revolución no tratamento dos tumores do sangue

O disruptores endócrinos poden aumentar o risco de cancro de endometrio

Observada unha asociación entre as mesturas de contaminantes ambientais e a maior probabilidade de desenvolver este tumor