Só o 30% dos hospitalizados por covid se senten totalmente recuperados ao ano da alta

Un estudo no Reino Unico con máis de 2.000 pacientes revela que únicamente un 26% informou dunha recuperación completa despois de cinco meses

Os resultados dunha investigación do Reino Unido publicado en The Lancet Respiratory Medicine indican que a covid persistente podería converterse nunha enfermidade común. O estudo, no que participaron máis de 2.300 persoas, revelou que as mulleres tiñan un 33% menos de probabilidades de recuperarse completamente que os homes. Tamén se descubriu que as persoas obesas tiñan a metade de probabilidades de recuperarse totalmente, mentres que as que necesitaban ventilación mecánica tiñan un 58% menos de probabilidades.

A indagación analizou a saúde das persoas que foron dadas de alta de 39 hospitais británicos con covid entre marzo de 2020 e abril de 2021, e logo, avaliou a recuperación de 807 deles cinco meses e un ano despois. Só o 26% informou dunha recuperación completa despois de cinco meses, e ese número aumentou só lixeiramente ao 28,9% despois dun ano. “A limitada recuperación entre os cinco meses e o ano despois da hospitalización no noso estudo en canto aos síntomas, a saúde mental, a capacidade de exercicio, a deterioración dos órganos e a calidade de vida é sorprendente”, afirmou a codirectora do estudo, Rachel Evans, do Instituto Nacional de Investigación Sanitaria e Asistencial.

Publicidade

Os autores da investigación tachan de “soprendente” a limitada tasa de recuperación despois da hospitalización

Os síntomas máis comúns da covid prolongada foron a fatiga, a dor muscular, a falta de sono, o enlentecimiento físico e a falta de aire. “Sen tratamentos eficaces, o COVID prolongado podería converterse nunha nova afección de longa duración de gran prevalencia”, afirmou o codirector do estudo, Christopher Brightling, da Universidade de Leicester. O estudo, que se presentará no Congreso Europeo de Microbiología Clínica e Enfermidades Infecciosas, está en curso e seguirá vixiando a saúde dos pacientes.

A profesora Louise Wain, do Instituto Nacional de Investigación en Saúde do Centro de Investigación Biomédica de Leicester, da Universidad de Leicester, codirectora do estudo, reclamou “intrerencións eficaces de forma urxente”, ante a ausencia de terapias específicas para a covid persistente. “Os nosos descubrimentos de inflamación sistémica persistente, especialmente en grupos moi graves e moderados con deterioro cognitivo, suxiren que estes grupos poden responder a estratexias antiinflamatorias. A concordancia da gravidade do deterioro da saúde física e mental en pacientes con covid persistente destaca a necesidade non só dunha estreita integración entre a atención da saúde física e mental dos pacientes con covid persistente, incluída a avaliación e as intervencións, senón tamén a transferencia de coñecemento entre os profesionais da saúde para mellorar a atención dos pacientes”, sinala Wain.

Publicidade

O achado tamén suxire a necesidade de intervencións complexas que aborden as deficiencias de saúde física e mental para aliviar os síntomas. Non obstante, tamén poden ser necesarios enfoques terapéuticos específicos para xestionar o trastorno por estrés postraumático.


Referencia: Clinical characteristics with inflammation profiling of long COVID and association with 1-year recovery following hospitalisation in the UK: a prospective observational study (Publicado en The Lancet Respiratory Medicine)

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Identificados novos factores xenéticos da fatiga persistente tras a radioterapia por cancro de próstata

Un estudo publicado en 'Nature Communications' e con participación galega descobre unha variante no xene ACTR3 asociada a un risco tres veces maior de desenvolver a sintomatoloxía despois do tratamento

GCiencia lanza a décima edición dos premios Galicia Spin-Off

Os galardóns recoñerán un ano máis a empresas innovadoras xurdidas das universidades e a un grupo de investigación

Por que o hantavirus esperta os medos da pandemia: “A covid deixounos unha memoria emocional”

Os psicólogos galegos Fernando Vázquez, Paula Marcos e Rosa Cerqueiro analizan como o cerebro atribúe riscos a escenarios actuais baseándose en experiencias pasadas

Como se detecta o hantavirus: así funcionan as probas de laboratorio mediante PCR

As autoridades estadounidenses notifican un “positivo leve” nun dos repatriados, aínda que Sanidade sostén que non presenta sintomatoloxía concluínte