Unha hormona protexe ás mulleres contra o cancro de fígado

Un equipo del Centro Nacional de Investigaciones Cardiovasculares (CNIC) descobre o papel clave da adiponectina, segregada polo tecido adiposo

Hai unha hormona, a adiponectina, que é segregada polo tecido adiposo e está implicada na regulación dos niveis de glicosa e na degradación de ácidos graxos. E un equipo de científicos do Centro Nacional de Investigacións Cardiovasculares (CNIC) de Madrid acaba de descubrir que protexe o organismo do desenvolvemento do carcinoma hepatocelular, o principal tipo de cancro de fígado, que á súa vez é un dos máis daniños e perigosos. O traballo, publicado no Journal of Experimental Medicine supón unha explicación de que este cancro afecte máis aos homes cás mulleres.

Usando un grupo de suxeitos sans, o equipo –dirixido por Guadalupe Sabio– identificou que esta hormona é máis abundante en mulleres e en persoas delgadas. O seu obxectivo era comprender mellor as razóns polas que as persoas con obesidade teñen máis probabilidades de ter cancro de fígado.

Publicidade

Explica Sabio que “os niveis en sangue desta hormona diminúen en pacientes con obesidade e nos homes despois da puberdade, xusto as dúas poboacións nas que o cancro de fígado é máis frecuente. Por iso é polo que decidimos estudar a fondo este fenómeno”.

A hormona en ratos

Para comprobar o efecto directo desta hormona, utilizáronse ratos femia que non producían adiponectina e comprobaron que o crecemento do cancro de fígado era igual ao dos machos. “Centrámonos en estudar o efecto da testosterona sobre o tecido adiposo para comprender mellor o mecanismo polo cal a graxa controla o crecemento dos tumores no fígado”, sinala Leticia Herrera-Melle, outra das autoras do CNIC. Grazas a estes estudos, “demostramos que a testosterona é a causante de que a graxa libere menos adiponectina ao sangue”.

Publicidade

Os resultados, engade Guadalupe Sabio, “abren a posibilidade de dous novos tratamentos contra un cancro para o que actualmente non existe tratamento: o primeiro sería a través da propia adiponectina, e o segundo mediante a metformina, un fármaco contra a diabetes que se sabe que activa no fígado a mesma proteína anticanceríxena que a hormona deste estudo”.

Referencias: Adiponectin accounts for gender differences in hepatocellular carcinoma incidence (Publicado en Journal of Experimental Medicine).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O diagnóstico temperán é clave no cancro colorrectal: a supervivencia pode acadar o 90%

O tumor sitúase entre os de maior impacto en España, pero o seu prognóstico mellora de forma drástica cando se identifica a tempo

A USC descobre como “fragmentos móbiles” do ADN poden alterar a arquitectura do xenoma do cancro

O estudo, publicado en 'Science', abre a porta a futuras vías de investigación para desenvolver novas terapias asociadas a tumores humanos

Catro de cada dez casos de cancro poderían evitarse

Unha exhaustiva análise global identifica 30 factores de risco modificables, como o tabaco, o alcol e, por primeira vez, nove infeccións oncoxénicas

María Mayán: “Combatemos un dos principais retos do cancro: a resistencia aos tratamentos”

O grupo Cellcom do CINBIO, recoñecido nos Premios RAGC de Investigación por identificar unha vía terapéutica contra tumores con mutación BRAF