Guantes e máscaras? A seguridade pasa pola hixiene

Os profesores da Universidade de Santiago Juan Gestal e Francisco Caamaño analizan o uso correcto dos sistemas de protección fronte ao coronavirus

Luvas si ou luvas non? A máscara facial protéxenos do coronavirus? Estas son algunhas das cuestións que xorden á hora de acometer as saídas indispensables que deben realizarse durante o estado de alarma actual. A crise por mor do virus Covid-19 fai que actos da vida cotiá coma ir ao supermercado ou á farmacia, se convertan en intres críticos dos que emerxen milleiros de dúbidas. Os profesores da USC Juan Gestal e Francisco Caamaño analizan cales son as precaucións que se deben tomar cando non queda máis remedio que abandonar de xeito puntual o confinamento.

Guantes

“A Organización Mundial da Saúde desaconsella o uso de luvas pois tamén se contaminan tal e como acontece coas mans”, apunta Juan Gestal. “O que si debe facerse con frecuencia é lavar as mans con auga e xabón durante vinte segundos ao regresar á casa. Se se usan luvas, deben lavarse as mans antes de poñelas e despois de retiralas, e evitar tocarse os ollos, boca ou nariz”, sinala o profesor. Na mesma liña, para Francisco Caamaño “o máis importante é ser conscientes de que as nosas mans poden estar contaminadas, así que deben lavarse con frecuencia, tamén debemos, en todo momento, gardar a distancia social de seguridade de dous metros”. Para realizar un lavado eficiente de mans, o Ministerio de Sanidade pon á disposición da cidadanía diferentes vídeo titoriais a través da súa canle oficial de YouTube.

Publicidade

O ideal é que os guantes non sexan reutilizables, pero de ser así “deben lavarse e desinfectarse cunha solución de lixivia en auga do 0,1%”, apunta o profesor Gestal. Sacar as luvas pode ser tamén un momento crítico. “O primeiro guante debo sacalo agarrándoo pola palma coa outra man; e o segundo, utilizando o primeiro guante para non tocar o outro coa man”, explica Caamaño. “Os guantes da froita e verdura son para non contaminar eses alimentos e tiraranse despois de utilizalos. Debemos usalos pero tendo en conta que hai que tomar as mesmas precaucións, os guantes pasan a ser as nosas mans, e como tales, calquera cousa contaminada que toquemos con eles, quedará contaminada tamén”, continúa.

Máscara facial

“As máscaras faciais teñen unha duración limitada no tempo que no caso das cirúrxicas é de dez a quince minutos, pois en canto se humedecen pola parte anterior deben descartarse sen tocar esa parte anterior. Os filtros de partículas FFP1-FFP2 e FFP3 teñen unha duración maior, moitos días, que depende do tempo de uso e da conservación, debendo descartarse cando se danen, deformen, mollen ou ensucien”, explica o profesor Gestal.

Publicidade

Atopar máscaras faciais nas farmacias é na actualidade practicamente imposible, por iso, comezan a agromar nas redes sociais vídeos nos que se explican pautas de fabricación caseira. “A protección que podan ofrece as máscaras faciais de produción caseira depende moito do tipo de tecido de que estean feitas, pero en xeral poden deter as gotas. Para hixienizalas, poden lavarse na lavadora, nun programa de auga quente, ou desinfectalas mergullándoas nunha solución de lixivia en auga do 0,1%”, conclúe Gestal.

Francisco Caamaño pon o foco na distancia social, algo que é moito máis importante que o uso de máscaras faciais. “Vense fotos de xente con máscaras faciais dispostos xuntiños diante da cámara, e isto é o que nos ten que molestar, a máscara facial está correctamente colocada, pero o virus pode ter pasado por contacto. Debemos manter a distancia social“, apunta o profesor da USC. “O importante é manter a distancia de seguridade; evitar tocar superficies e, de ter que facelo, empregar a man non dominante, evitar tocar ollos, boca ou nariz, e lavar as mans ao chegar a casa”, di Gestal.

Ventilación

Nas medidas hixiénicas para previr o contaxio, o Ministerio de Sanidade apunta a importancia de ventilar os domicilios cinco minutos ao día como mínimo. Realizar unha limpeza diaria con auga e xabón para as superficies de contacto frecuente, elimina xermes, sucidade e impurezas. En zonas comúns, como pode ser o caso das urbanizacións, tamén resulta indispensable a ventilación e que a persoa que efectúe a limpeza o faga con guantes dun só uso, limpando a diario as superficies que se tocan con maior frecuencia.

Estas recomendacións súmanse ás realizadas polos profesores da USC Isabel Bandín Matos e Carlos Pereira Dopazo, os cales analizaron a supervivencia do virus en diferentes superficies coma o papel, o plástico ou as moedas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro