A gripe provocou xa 24 mortes en Galicia, 16 de non vacinados

Un total de 24 persoas faleceron en Galicia por gripe dende o inicio desta tempada da ondada epidémica. 16 das persoas non estaban vacinadas.

A respecto da vixilancia dos ingresos hospitalarios con gripe confirmada, disponse de información de todos os hospitais públicos galegos e máis Povisa e Fátima. Dende o principio da tempada e ata as 15:30am do martes día 05/02/2019, declaráronse 625 ingresos (dos cales 608 foron declarados ata a semana 05/2019 e 17 xa na semana 06/2019) dos que 400 están xa dados de alta).

Publicidade

Do total dos casos, 48 requiriron asistencia en uci e dos 515 que tiñan indicada a vacina, 277 non a recibiran.

As cifras de mortes desta tempada están moi por debaixo da incidencia de anos anteriores (o ano pasado houbo 200 falecidos diagnosticados).

Publicidade

Os consellos de saúde seguen a ser tapar boca e nariz para toser, lavar as mans con frecuencia, evitar espazos moi concurridos e, sobre todo, non acudir ao posto de traballo en caso de ter os síntomas, especialmente a febre.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia avalía a realidade virtual como alternativa para tratar as fobias específicas

Un informe de Avalia-t analiza a súa eficacia fronte a outros modos de terapia de exposición, o tratamento recomendado polas Guías de Práctica Clínica

Arranca un ensaio clínico para avaliar a vacina combinada fronte á gripe e a covid en maiores de 65

O proxecto chámase Combogal e agárdase que participen nel 110.000 persoas entre a campaña que xa está en marcha e a da tempada 2027 - 2028

Dun rosco de palabras a localizar o teu concello: coñece a nova plataforma de pasatempos en galego

A páxina web Ludogal ofrece catro xogos en liña gratuítos de vocabulario e xeografía para promover o uso do galego

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua