Aquí podes colorear en segundos as vellas fotos en branco e negro

Se queres colorear de xeito rápido unha foto dos teus avós ou pais, poida que ColouriseSG te sirva. Esta páxina web permite subir fotografías para que unha rede neuronal (un tipo de intelixencia artificial) a interprete e a coloree de forma realista.

O procedemento é moi sinxelo e basta con arrastrar ou seleccionar do computador a imaxe en cuestión para que comece a operación. Unha vez analizada, procesada e coloreada, podes descargala. Non te toparás con cores saturadas nin brillantes, pero a fotografía parecer case auténtica.

Publicidade

Segundo os seus creadores, o ‘Science and Artificial Intelligence Division’ do departamento de ‘open data’ do goberno de Singapura, o proceso tras o coloreado de fotos depende de varios factores, pero pode resumirse nos seguintes: adéstrase a intelixencia cun banco inmenso de fotografías, de modo que así aprenda o que é unha fotografía a cor; e logo dótanlle das ferramentas para colorear a foto.

O desembarco de Normandía coloreado.

Con estas dúas habilidades, pode colorear unha foto nova partindo do seu coñecemento previo e da análise de cada nova foto. Hai fallos e hai cousas que se poden colorear mellor, pois a Intelixencia Artificial non ten toda a información do mundo para facelo ben. E, por exemplo, pode darlle cor a esta famosa fotografía de Rosalía de Castro. Ou colorear imaxes como as do desembarco de Normandía na Segunda Guerra Mundial.

Publicidade

Podes acceder a Colourise nesta ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Resucitar moléculas da Prehistoria contra as superbacterias: a nova fronteira dos antibióticos por IA

Os modelos xenerativos xa poden recuperar péptidos do ADN de especies desaparecidas e agora enfrontan o reto de converter os achados computacionais en medicamentos

É a IA unha ameaza? “Os avances van máis rápido do que a sociedade pode asumilos”

Fernando Suárez e Senén Barro aseguran que a intelixencia artificial si presenta riscos, pero a destrución da humanidade non se atopa entre eles

Un grupo de investigación da USC alerta dos perigos da intelixencia artificial en contacto coa infancia

O traballo analiza diferentes experiencias dos Estados Unidos e China e expón a necesidade de valorar a IA dende unha perspectiva tecnolóxica, educativa, lexislativa e ética