Estes son os graves riscos para a saúde de non beber suficiente auga

Unha investigación dos EEUU indica que a baixa inxestión de líquidos pode aumentar a posibilidade de ter doenzas cardíacas, ictus e demencia

Ademais de durmir oito horas ao día, o consello por excelencia para unha vida sa é beber dous litros de auga ao día. Aínda que hai estudos que refutan esta cantidade, a inxestión deste líquido é imprescindible para manter un estilo de vida saudable. Agora, un estudo realizado en Estados Unidos advirte dos graves perigos para a saúde de non beber suficiente auga. “Os resultados suxiren que unha hidratación axeitada pode ralentizar o avellentamento e prolongar unha vida libre de enfermidades”, indica a investigadora Natalia Dmitieva, participante no estudo.

Máis en detalle, a investigación centrouse en análises de sangue que medisen os niveis de sodio dos participantes, que se utilizaron como indicador da inxestión de líquidos. Normalmente, canta máis auga se bebe, menor é o nivel de sodio no noso torrente sanguíneo. Ademais, no estudo participaron 11.255 persoas adultas ás que se lles interrou cinco veces ao longo de 25 anos sobre factores como a situación socioeconómica e os antecedentes médicos familiares.

Publicidade

As enfermidades

Este non é o único estudo que analiza cales son os riscos dunha inxestión insuficiente de auga. Outras investigacións xa apuntaron unha relación entre os niveis elevados de sodio en sangue e un maior risco de insuficiencia cardíaca. O intervalo normal no sangue dunha persoa adoita situarse entre 125 e 146 miliequivalentes por litro (mEq/L). Así é que aquelas persoas que presentaron niveis superiores a 142 mEq/L tiñan entre un 10% e un 15% máis de probabilidades de ser bioloxicamente maiores que a súa idade cronolóxica, en comparación cos voluntarios que presentaban rangos máis baixos. Tamén había un 64% máis de risco asociado ao desenvolvemento de enfermidades como ictus, fibrilación auricular, enfermidade pulmonar crónica, diabetes e demencia.

Os autores do estudo suxiren que a medición dos niveis de sodio en sangue podería servir de orientación aos médicos. As persoas que se atopen en zona de perigo en canto á inxestión de líquidos poderían tomar medidas para introducir máis auga no seu organismo: non só bebéndoa, senón tamén a través de zumes, verduras e froitas. “O obxectivo é asegurarse de que os pacientes inxiren suficientes líquidos, ao tempo que se avalían os factores, como os medicamentos, que poden provocar a perda de líquidos”, apunta o autor principal, Manfred Boehm.

Publicidade

As limitacións do estudo

De todas formas, os investigadores recoñecen que a inxestión de líquidos non é o único factor que afecta os niveis de sodio en sangue. No estudo tamén se controlaron variables como a idade, a raza, o sexo; e excluíronse aos participantes con enfermidades como diabetes e fumadores, posto que isto podería alterar os seus niveis de socio. Outra das limitacións do estudo é que se centra máis nos riscos da deshidratación e non tanto nos efectos positivos de estar ben hidratado, malia que son dúas variables estreitamente relacionadas.

Na actualidade, aproximadamente a metade da poboación mundial non chega á inxestión diaria recomendada, que adoita roldar o litro e medio de auga ao día. Iso débese a varios motivos, entre eles destaca a falta de acceso a auga limpia e potable nalgunhas zonas do planeta. Para quen si teñen esta opción, aumentar a cantidade de auga que se bebe ao día podería supor unha diferenza significativa no risco de enfermidade e mortalidade.


Referencia: Middle-age high normal serum sodium as a risk factor for accelerated biological aging, chronic diseases, and premature mortality (Publicado en eBioMedicine)

1 comentario

  1. Pues es la primera vez en mi vida , 63 tacos tengo, que leo, y me entero que hay que beber dos litros ( hasta hace poco era 1,5 l ; se ve que cuando habia sequía, la secuela hizo mucho daño psicologico) dormir ocho horas, y quizás… no estresarse? hacer ejercicio con regularidad ? ser buena persona? no beber alcohol ni fumar ? tener pasta ? follar ( perdon: hacer el amor con regularidad ? todo novedades, vaya. Es que la ciencia avanza que es una barbaridad. Muchas gracias por el artículo…sin acritud.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que as choivas previstas serán insuficientes para acabar coa seca en Galicia: “A situación xa é moi severa”

A secura prolongada fai que o solo perda a capacidade de absorber auga, o que provoca escorreduras ante episodios intensos de chuvia

Un mapa europeo alerta da seca extrema e sinala os puntos máis críticos en Galicia

Algunhas das zonas afectadas son Fisterra, Vigo, A Estrada, As Pontes e Valdeorras

Cando a auga deixa de ser o único fogar das biomoléculas

O químico Adrián Sánchez, distinguido co Premio María Miguel 2026 da ECIS, estuda como os disolventes eutécticos poden modificar o comportamento de proteínas e ácidos nucleicos

O Living Lab de Vigo pon en marcha o testeo colaborativo de solucións tecnolóxicas para a saúde

O proxecto internacional conta con oito propostas innovadoras en desenvolvemento para tratar pacientes con Alzheimer e demencia