O Goberno aprobará a retirada das máscaras no transporte público o 7 de febreiro

A ministra de Sanidade Carolina Darias anuncia que seguirán sendo obrigatorias en centros sanitarios e farmacias

A ministra de Sanidade, Carolina Darias, acaba de anunciar ao abeiro do Consello de Ministros que o próximo 7 de febreiro aprobarase a obrigatoriedade de uso das máscaras do transporte público. A medida entrará en vigor ao día seguinte, cando se aprobe no Boletín Oficial do Estado (BOE). De todas formas, haberá espazos nos que a máscara continúe a ser obrigatoria. De momento, manterase en hospitais e centros de saúde e sociosanitarios como ópticas, farmacias e clínicas dentais. Segundo informou a ministra, tamén se seguirá empregando no persoal e visitas nas residencias.

A noticia salta un día despois de que Fernando Simón, o epidemiólogo do Centro de Alertas e Emerxencias Sanitarias e principal referencia durante a pandemia, asegurase que as máscaras tiñan pronta data de caducidade en taxis, autobuses, metro e demais medios de transporte. Confirmou que a proposta estaba sobre a mesa, e que se levaría a cabo nas vindeiras semanas, pero sen concretar unha data. A demora na decisión debeuse á prudencia: estamos na temporada das infeccións agudas, que remata en marzo. Ademais, a situación de China, cun aumento exponencial de casos, obrigou os expertos a poñer os ollos no xigante asiático.

Publicidade

As voces galegas tamén levan un tempo reclamando o fin da obrigatoriedade das máscaras no transporte público. O epidemiólogo e profesor emérito da Universidade de Santiago Juan Gestal declaraba nunha entrevista realizada en GCiencia o seguinte: “Fai falla que retire xa a obrigatoriedade do uso da máscara nos medios de transporte, non ten sentido mantela, así como nas farmacias e ópticas. Bastaría de momento coa obrigatoriedade nos centros sanitarios. Non estamos xa nunha situación de pandemia”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Un proxecto con participación galega estuda novas formas de radioterapia contra os tumores cerebrais

InnovaRTBRAIN investiga tratamentos máis eficaces e seguros fronte ao glioma, un dos cancros do cerebro máis agresivos e complexos

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Unha investigación da USC profunda na figura da “adúltera castigada” do Pórtico de Praterías

O profesor José María Anguita Jaén vén de publicar unha extensa análise sobre a imaxe da muller cun cranio no colo que xa é mencionada no ‘Liber Sancti Iacobi’