Venres 11 Outubro 2024

O grupo de investigación GENVIP gaña o premio Zendal

O equipo compostelán, dirixido por Federico Martinón e Antonio Salas, ve recoñecidos os seus estudos das bases xenéticas das infeccións pediátricas

O grupo de investigación GENVIP (Genetics, Vaccines, Infecctions and Pediatrics Research Group), con base no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, e enfocado no estudo de enfermidades infecciosas e vacinas pediátricas, é a candidatura gañadora da primeira edición dos International Zendal Awards. O Comité Científico que exerce de xurado seleccionou esta iniciativa entre as 12 presentadas, en recoñecemento aos avances que realizaron no coñecemento das bases xenéticas das infeccións pediátricas e a súa contribución ao desenvolvemento de estratexias individualizadas de prevención e tratamento.

O equipo de GENVIP, que ocupa un posto privilexiado na primeira liña da investigación pediátrica internacional, creou unha unidade de ensaios clínicos de excelencia para vacinas e antiinfecciosos que desenvolveu máis de 70 ensaios desde Fase 1 que incluíron a máis de 2.000 suxeitos. Ademais, é a única unidade de España co recoñecemento INSPIRE award en vacinas e colabora con diversos promotores no deseño de protocolos e programas de desenvolvemento clínico para candidatos a vacinas (neumococo, HPV, meningococo, virus influenza, VRS…).

Publicidade

A iniciativa está liderada polo profesor Federico Martinón-Torres (Xefe do Servizo de Pediatría do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago e pediatra con experiencia
na área clínica e en investigación de enfermidades infecciosas) e o profesor Antonio
Salas (Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela) e xenetista
de prestixio internacional, que dirixen un equipo novo e multidisciplinar que dispón de tecnoloxías de última xeración.  GENVIP forma parte á súa vez da Fundación Instituto de Investigación Sanitaria Santiago de Compostela (FIDIS), unha entidade con case unha década de traxectoria que contribuíu á tramitación de máis de 35 patentes e a creación de 4 spin-offs. 

Os premios Zendal

O premio, que conta cunha dotación de 5.000 euros, recoñece o traballo daquela institución (pública ou privada), que desenvolva o seu labor no campo da saúde tanto humana como animal e que demostrase compromiso no ámbito das vacinas, a biotecnoloxía e a saúde. Durante a cerimonia de entrega que se celebrará o próximo 27 de novembro ás 19:00 h na Fundación Barrié de Vigo, homenaxearase á prestixiosa científica, química e profesora da Universidade Complutense de Madrid, María Vallet-Rexín, pioneira no campo dos materiais cerámicos aplicados á medicina e investigadora de nanocomponentes co obxectivo de liberar axentes terapéuticos aos tecidos enfermos sen afectar os órganos sans.

Publicidade

Este grupo biofarmacéutico, con base no Porriño, formado por sete empresas enfocadas no desenvolvemento, fabricación e comercialización de produtos biolóxicos e vacúas para saúde humana e animal. Zendal é líder mundial en produtos derivados de micobacterias e na actualidade está a desenvolver unha nova vacina contra a tuberculose que se atopa en Fase 2 de ensaios clínicos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo de Santiago demostra que a música modula a expresión dos xenes na saliva

O proxecto Sensoxenoma podería servir para buscar novas dianas terapéuticas en enfermidades como o alzhéimer

Un xuíz advirte ao Sergas de erros reiterados na diagnose de torsión testicular

A Xunta anuncia que revisará os protocolos asistenciais e valora impartir formación específica aos profesionais sanitarios

Os proxectos galegos REDILE e NEmecum, galardoados nos III Premios Ennova Health

Investigadores do HULA e do CHUS, premiados por iniciativas para a rehabilitación dos trastornos da linguaxe e para corrixir a desnutrición de pacientes hospitalizados

A misteriosa pneumonía infantil de China: “Sospeitamos dos patóxenos habituais”

O pediatra Federico Martinón cre que a repunta de enfermidades respiratorias en nenos se pode deber á fin das restricións covid