Venres 19 Abril 2024

Galicia, no vagón de cola das comunidades na aplicación da eutanasia

No primeiro ano desde a legalización da asistencia para morrer con dignidade foron catro as practicadas, 19 solicitudes e ningún caso denegado

A eutanasia é unha realidade legal desde o 25 de xuño do 2021 (Lei 3/2021) pero non escapa ás desigualdades autonómicas. 172 persoas en todo o Estado acolléronse a este dereito para morrer con dignidade no primeiro ano desde a súa entrada en vigor nun proceso lento, complexo, confuso e con decenas de formularios para seguir os pasos dun protocolo moi ríxido, cheo de permisos, informes e contra informes cunha serie de garantías obrigadas. No caso de Galicia, realizáronse catro eutanasias, outros 19 pacientes iniciaron os trámites de solicitude e non consta ningún caso rexeitado. 

Transcorridos quince meses desde a súa aprobación histórica no Congreso dos Deputados, e atendendo aos datos proporcionados polos diferentes servizos de saúde autonómicos, Galicia vai no furgón de cola das autonomías na petición de solicitudes por cada 100.000 habitantes (0,7%) e tamén no número de eutanasias realizadas (0,15%), de acordo aos datos publicados polas consellerías de Saúde de cada CCAA.

Publicidade

En Galicia non consta que ningún médico se declarara obxector

“Explícase por unha multicausalidade de factores”, apunta José María Trejo-Gabriel-Galán, xefe do Servizo de Neuroloxía e investigador no Hospital Universitario de Burgos. Trejo vén de asinar un estudo no que compara a variabilidade xeográfica de eutanasia nas distintas comunidades autónomas tomando como referencia a poboación. 

As cifras galegas —con 2,7 millóns de habitantes— aseméllanse ás Castela A Mancha e Castela-León, e lixeiramente superiores ás de Estremadura, á que practicamente triplica en veciños. Pero ao contrario do que ocorre noutras comunidades e territorios como Madrid, onde 63 de cada 1.000 médicos se declararon obxectores, ou Cantabria (50,3%), aquí non consta ningún.  

Variabilidade xeográfica

Entre as comunidades máis avanzadas na aplicación desta lei, vai en cabeza Cataluña, que realizou 60 prestacións do dereito para morrer, o triplo que Madrid (19) ou Andalucía (11), que a supera en habitantes. En segundo lugar, Euskadi (25), que é outra das autonomías de referencia tanto á hora de aplicalas como no acceso á información e na formación de profesionais como referentes en áreas de saúde para responder á multitude de dúbidas que acompañan ao proceso. Rechamante é o caso insular, con 8 eutanasias realizadas en Baleares e 7 nas Illas Canarias, moi por diante de autonomías peninsulares como Navarra ou Aragón, sen contar Asturias ou A Rioxa, que non proporcionaron os datos. 

Tamén hai diferenzas entre as autonomías á hora de ofrecer a información, sinala Trejo-Gabriel-Galán, xa que non todas proporcionan as mesmas facilidades no acceso á información ou na constitución das comisións preceptivas. A ausencia deste órgano dilatou a solicitude dunha paciente andaluza que viu como se demoraba a súa petición porque a Xunta non creara o órgano que debía aprobar o seu caso.

Un proceso complexo 

En Galicia, é a propia web do Servizo Galego de Saúde aloxa nunha sección específica para a regulación da eutanasia que recoñece, a toda persoa que cumpra as condicións esixidas, o dereito para solicitar e recibir a axuda necesaria para morrer con dignidade establecendo de forma inequívoca o procedemento para seguir e as garantías obrigadas.

Asomarse a este espazo xa dá unha primeira idea da complexidade do proceso: ata 13 documentos no epígrafe legal (lei, decreto, resolucións) ademais de protocolos, manuais e unha Guía Técnica Asistencial da Prestación de Axuda Médica para Morrer, ademais doutros 17 no apartado Modelos de Documentación, entre primeiras e segundas solicitudes do paciente, consentimento informado, informes médicos e farmacéuticos, procesos deliberativos ademais de revogacións, obxección de conciencia e ata a denegación do dereito de axuda a morrer. 

Galicia constituíu a súa Comisión de Garantías e Avaliación da Eutanasia o 12 de xullo do 2021 e confórmana un secretario e doce vogais, unha das cales exerce a presidencia e foron designados polo Director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal. 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204

Un potente anticiclón adianta o verán en Galicia con temperaturas por enriba dos 31 graos

As altas presións situadas sobre Francia están bloqueando a chegada de borrascas e atraendo aire cálido ao norte da península

Unha trintena de casos de dengue en Portugal: debemos preocuparnos en Galicia?

O mosquito tigre, vector da enfermidade infecciosa, detectouse por primeira vez no territorio galego no verán de 2023