Galicia realiza 213 transplantes de medula ósea durante 2024

Un total de 1.258 persoas convertéronse en doantes o ano pasado

Galicia renova o programa de busca de doantes de medula ósea. Ao longo do ano 2024 o Servizo Galego de Saúde realizou 213 transplantes deste tipo. A maioría foron autrotransplantes cun total de 160. Tamén se realizaron 24 de doadores emparentados e, no caso dos transplantes obxecto do convenio, 29 aloxénicos non emparentados.

O Consello da Xunta aprobou a renovación do convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a través da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), e a Fundación Josep Carreras. A Xunta destina a este acordo 885.000 euros para que calquera paciente galego que precise unha doazón de medula ósea poida localizar un doador compatible. Primeiro buscarase en España e, se fose necesario, acudiríase ao resto de rexistros mundiais.

Publicidade

Novos doadores en Galicia

Galicia incorporou 1.258 novos doadores de medula en 2024 e o total rexistrado dispoñible ascende a 15.442 persoas, a 31 de decembro do pasado ano. Neste ano, foron 10 os doadores efectivos de medula.Desde que en Galicia se comezou a realizar transplantes de medula no ano 1993, son xa 4.470 as intervencións efectuadas na sanidade pública.

Desde o ano 2008, en que se comezou a realizar transplantes aloxénicos na sanidade pública galega, lévanse feitos 494.

Publicidade

Tipos de transplantes de medula

Na actualidade, existen tres tipos diferentes de transplantes de medula, tamén chamados de proxenitores hematopoéticos: o autólogo, o aloxénico emparentado e o aloxénico non emparentado.

Os transplantes autólogos son aqueles nos que se usan as células do propio paciente. Desta forma realízase a extracción deste tipo de células -que se tratan con medicación-, e que se empregan para o tratamento do propio paciente.

Os transplantes aloxénicos emparentados son aqueles nos que os doadores das células son familiares dos pacientes e que son compatibles.

Por último, os transplantes aloxénicos non-emparentados son aqueles nos que non se poden usar as células propias do paciente e non hai un doador compatible dentro da familia. Esta conxuntura sucede no 25-30 % dos casos e obriga a buscar ao doador en calquera parte do mundo.

Cando se produce esta situación, iníciase unha busca no ámbito mundial a través do Rexistro Español de Doadores de Medula Ósea (Redmo). Así, o sistema de busca de doadores, coordinado cos organismos nacionais (o Redmo e a Organización Nacional de Transplantes), permite garantir a equidade de calquera paciente no acceso á doazón e avalar a eficiencia deste sistema nos ámbitos clínico, administrativo, organizativo ou social.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O mar acada os 22 graos en Galicia: as claves dun quecemento inusual para maio

Os sistemas de observación detectan valores moi superiores á media habitual para maio, provocados pola acumulación de calor asociada a episodios persistentes

Documentado por primeira vez un gorgoncéfalo vivo en augas galegas

Investigadores do IEO localizan un exemplar xuvenil na Ría de Arousa, o que amplía o límite norte coñecido da especie

Como funciona a amizade entre arroaces? Así é como as bateas moldean a súa vida social nas Rías Baixas

O biólogo galego Bruno Díaz revela que as preferencias alimentarias condicionan a formación de vínculos entre cetáceos

O ventilador atlántico pon fin á calor en Galicia cun descenso das temperaturas de case 10 graos

Unha masa de aire frío procedente do noroeste traerá chuvias febles e ceos cubertos a partir do martes 2 de xuño