Galicia rexistra dous novos casos de hepatite aguda infantil en Vigo

A comunidade detectou cinco casos ata o momento e dous deles permanecen coa enfermidade de orixe descoñecida aínda en activo

Dous novos casos de hepatite aguda infantil de orixe descoñecida na área sanitaria de Vigo. Así o acaba de comunicar a Consellería de Sanidade nun comunicado. Segundo explican, un deles tivo a enfermidade no mes de marzo e o outro permanece ingresado pero evoluciona favorablemente. Ata o momento detectáronse en Galicia cinco casos, dos que dous deles permanecen coa doenza activa.

Os dous primeiros casos notificados fixéronse públicos por parte da Consellería o 19 de abril. Un deles na área da Coruña e o outro en Vigo. No seu momento indicouse que un dos doentes pasara a enfermidade en xaneiro e o outro estaba en recuperación con evolución positiva.

Publicidade

O terceiro caso, tamén na área de Vigo, sucedeu en febreiro. Cando Sanidade informou do caso, indicou que o paciente estaba asintomático e cunha “analítica normalizada”. Con todo, a Consellería sinala que o sistema sanitario galego “permanece alerta” na detección de casos. De feito, dende que saltou a alarma sanitaria comezouse a busca retroactiva de casos, de aí que algúns dos notificados xa pasaran a enfermidade en meses anteriores.

“A nova hepatite pode ser unha sinerxía entre a covid e outros virus, pero é cedo para sabelo”

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Inestabilidade e risco extremo de incendio: así será o tempo durante a fin de semana en Galicia

O vento do nordés deixará case 20 graos de diferenza entre o sur e o norte da comunidade galega

O polbo e dúas especies de lura, entre os cefalópodos máis vulnerables ao quecemento do mar en Galicia

Un estudo internacional no que participa o IEO de Vigo analiza como a temperatura, salinidade e profundidade condicionan a distribución das especies

Unha noite máxica: estas son as imaxes da eclipse do 12 de agosto en Galicia

O evento congregou grandes grupos de persoas tanto dentro da franxa de totalidade como na de parcialidade

Un 12 de agosto histórico: a eclipse total que escureceu o día en Galicia

Miles de persoas levantaron a vista ao ceo e sentiron o silencio e frío que acompañaron os minutos nos que a Lúa ocultou por completo o Sol