Martes 16 Abril 2024

Os investigadores das fundacións sanitarias pasarán ao sector público en 2023

A medida, que se incorporará á Lei de Acompañamento aos Orzamentos, dará estabilidade a persoal de IDIS, INIBIC e Fundación Biomédica Galicia Sur

O persoal das tres fundacións de investigación que xestionan os institutos de investigación sanitaria existentes en Galicia, creados grazas á colaboración entre o Sergas e as Universidades, pasará a integrarse no sector público de Galicia ao longo do ano que ven, grazas a un cambio normativo que se introducirá na Lei de Acompañamento aos Orzamentos da Xunta de 2023. Dende a Axencia de Coñecemento en Saúde (Acis) destácase a importancia dunha decisión que permitirá darlle máis estabilidade ao persoal de investigación e de administración da Fundación IDIS de Santiago de Compostela, da Fundación Profesor Nóvoa Santos A Coruña (INIBIC) e da Fundación Biomédica Galicia Sur de Vigo. 

“Esta decisión supón un paso máis na estabilización dos empregos dos investigadores na Comunidade Autónomo”, explica o xerente de Acis, Antonio Fernández-Campa, quen engade que isto permitirá aos investigadores centrarse por completo nos proxectos nos que participan e obter as vantaxes da seguridade xurídica que supón a súa integración no cadro de persoal do sector público. O cambio afectará a máis de 500 empregados, entre investigadores e persoal de apoio. 

Publicidade

“Esta decisión é un paso máis na estabilización dos empregos dos investigadores na comunidade autónoma”

Antonio Fernández-Campa, xerente de Acis

Polo de agora os tres institutos de investigación son xestionados a través destas fundacións de interese galego, independentes da Xunta e das universidades. O cambio normativo suporá a súa integración no sector público autonómico mediante unha disposición que se atopa na Lei de Acompañamento aos Orzamentos de 2023 da Xunta, que se están a tramitar no Parlamento galego. Previsiblemente, a disposición entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2023, unha vez aprobados os orzamentos pola Cámara, aínda que será necesario un período de seis a dez meses para que a súa integración no sector público sexa efectiva. O normal é que isto aconteza antes de que finalice 2023. 

Fundacións con personalidade xurídica propia

Isto non significa que as fundacións de investigación desaparezan. Continúan mantendo personalidade xurídica propia pero agora como fundacións do sector público autonómico. É necesario garantir a súa existencia xa que os institutos de Investigación Sanitaria —segundo establece a norma de acreditación do Instituto de Saúde Carlos III— teñen que ter unha entidade de xestión independente da asistencia e académica, sinala Acis.

Sobre as razóns polas que este cambio normativo vai a realizarse agora e non se afrontou con anterioridade, Fernández-Campa apunta que por un lado se estaba á agardar os cambios normativos pendentes na Lei de Ciencia estatal do ano 2011 e, por outra banda, foi precisa tamén a integración definitiva das sete fundacións investigadoras en medicina que existían en Galicia nos tres actuais institutos de investigación e acadar os convenios colectivos asinados para homoxenizar as condicións dos seus traballadores.

Finalmente, coa recente acreditación como centro de excelencia do Instituto Galicia Sur por parte do Instituto de Saúde Carlos III (o IDIS e o INIBIC xa a tiñan) xa é posible facer a integración no sector público das tres institucións coas mesmas condicións iniciais. Por todo elo, agora é para Acis o momento axeitado para facer efectivos este cambio, que permitirá a integración deste persoal no sector público galego. 

Ventaxes para os investigadores

Entre as vantaxes que suporá para os investigadores e o resto de persoal destas fundacións a súa integración como empregados do Sistema Público de Saúde de Galicia, atópase a estabilidade laboral dun colectivo que hai moito tempo ven reclamando medidas que permitan mellorar as súas condicións de contratación. Ademais, as fundacións que se integrarán no sector público poderán participar, por exemplo, en convocatorias de proxectos de investigación que estean restrinxidas a entidades do sector público. 

A modificación lexislativa que vai permitir a integración no sector público deste persoal atópase no artigo 43 da Lei de Acompañamento aos Orzamentos 2023, no que se establece que a Xunta promoverá as modificacións dos estatutos que sexan precisas para que as actuais fundacións de investigacións biomédica adquiran o carácter de fundación do sector público autonómico. Deste xeito, unha vez que se produza a integración destas entidades no sector público poderán contratar persoal de investigación con arranxo ás modalidades contractuais reguladas na Lei estatal 14/2011  de 1 de xuño da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación. 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os 10 termos que debes evitar ao falar do VIH

A científica Eva Poveda presenta un "dicionario inclusivo" para desestigmatizar as persoas co virus da inmunodeficiencia humana

Un equipo galego detecta posibles biomarcadores da esquizofrenia resistente ao tratamento

Científicos do IDIS identifican un perfil de 16 microARN que diferencia aos pacientes que non responden á medicación dos que si o fan

Un estudo constata o potencial da dieta atlántica para reducir o risco de síndrome metabólica

A investigación foi realizada polo IDIS e publicada na revista científica 'JAMA Network'

Un equipo galego demostra que o estómago é capaz de regular o apetito e o peso corporal

O estudo do IDIS revela cambios substanciais na produción da proteína GDF15 a nivel gástrico vinculados coa obesidade, a idade e o xénero