Paso clave en Santiago para identificar fármacos contra a trombose

Investigadores do grupo Platelet Proteomics do CiMUS descobre o mecanismo de activación dun receptor de plaquetas determinante en eventos isquémicos

Investigadores do CiMUS da Universidade de Santiago de Compostela, descifraron o mecanismo e as proteínas clave para a activación dun receptor de plaquetas, o CLEC-2, fundamental no mantemento da integridade vascular e que pode supoñer un antes e un despois na identificación de fármacos contra a trombose.

O grupo Platelet Proteomics do CiMUS lidera este estudo publicado na revista Thrombosis and Haemostasis, que ademais ilustrou a portada desta prestixiosa publicación, e que analiza como se activa o receptor C-type lectin-like receptor-2 (CLEC-2), clave na integridade vascular e desenvolvemento dos vasos linfáticos embrionarios; así como en metástases hematóxenas mediadas por plaquetas. Este receptor xoga un papel menor na detención da hemorraxia, pero contribúe á estabilización da trombose; un proceso que é clave no desenvolvemento de eventos isquémicos asociados á activación non desexada das plaquetas.

Publicidade

Segundo explica o investigador do CiMUS e último asinante do estudo Ángel García,
“este estudo investiga en detalle o mecanismo de activación deste receptor de plaquetas para así poder identificar que proteínas son claves na devandita activación. Isto foi posible grazas a unha combinación de análise fosfoproteómicos, bioquímicos e funcionais a nivel das plaquetas sanguíneas”.

A “orquestra” da trombose

Desta maneira, investigouse como se “orquestran” os eventos intracelulares máis relevantes asociados á activación de CLEC-2. “Isto contribuirá a desenvolver unha mellor estratexia para a identificación de fármacos capaces de inhibir os mecanismos de activación de CLEC-2 e que se puidesen probar na práctica clínica como antitrombóticos”, indica Ángel García.

Publicidade

Precisamente, a identificación e o desenvolvemento destes fármacos é a base de todo o traballo do grupo Platelet Proteomics, no contexto do Proxecto europeo Targeting Platelet Adhesion Receptors in Thrombosis (TAPAS), o cal constitúe ademais un programa de Doutoramento Conxunto Europeo do cal a USC é beneficiaria a través deste grupo do CiMUS.

Recentemente, estes investigadores realizaran unha análise proteómica baseada en xel da vía de sinalización CLEC-2, pero este estudo estaba limitado na súa abordaxe, ao non ser cuantitativo. Grazas aos avances recentes na espectrometría de masas que conducen á identificación segura de lugares de fosforilación en mostras de proteínas complexas e ao desenvolvemento de anticorpos capaces de recoñecer fosfoproteínas, abriuse o camiño para análises máis sensibles e cuantitativos de vías de activación plaquetaria.


Referencia: A Comprehensive Tyrosine Phosphoproteomic Analysis Reveals Novel Components of the Platelet CLEC-2 Signaling Cascade (Publicado en Thrombosis and Haemostasis).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A nova Unidade Mixta da USC avanzará en anticorpos terapéuticos para cancro e doenzas inflamatorias

A iniciativa reúne persoal investigador do CiMUS e a biotecnolóxica SunRock Biopharma para impulsar tratamentos biolóxicos de precisión

O Ministerio de Sanidade conclúe que non hai evidencia científica que avale a homeopatía

O Ministerio publica un informe que analiza 64 estudos sobre a homeopatía e conclúe que non hai evidencia da súa eficacia en tratamentos para a saúde

Unha nova Unidade Mixta da USC impulsa terapias innovadoras en cancro e enfermidades inflamatorias

A colaboración con SunRock Biopharma integra grupos do CiMUS para validar candidatos terapéuticos en fases temperás

Un equipo galego descobre que algúns fármacos contra a obesidade teñen efectos beneficiosos no fígado

O CiMUS e a Universidade de Toronto investigan as aplicacións de substancias baseadas en GLP-1 en enfermedades hepáticas, o que permitiría elaborar tratamentos personalizados