Un estudo identifica unha proteína que protexe fronte ao cancro de mama

A GIT1 podería converterse na clave para desenvolver terapias contra os tumores máis difíciles de tratar, como os que carecen de receptores estroxénicos

O cancro de mama é un dos tumores máis diagnosticados no mundo. No obstante, existen algunhas diferenzas segundo a súa tipoloxía. En concreto, os cancros de mama ER negativos reciben o seu nome por carecer de receptores de estróxeno (ER), polo que non responden á terapia hormonal. Alén, existen os denominados cancros triplo negativos, que non só carecen de ER, senón tamén de receptores de proxesterona e receptores HER2.

Agora, investigadores do Instituto Karolinska de Suecia veñen de identificar unha proteína que protexe contra o crecemento de tumores de mama e que pode vincularse cun mellor prognóstico nas pacientes. Os resultados do estudo, publicado na revista Nature Communications, poderían contribuír ao desenvolvemento de novas terapias para os tipos de cancro de mama máis difíciles de tratar.

Publicidade

O estudo

O equipo científico logrou identificar un mecanismo novidoso polo cal a proteína GIT1 regula a denominada sinalización de Notch, que afecta o inicio e desenvolvemento do cancro de mama ER negativo.

Esta sinalización é un mecanismo de comunicación célula a célula conservado evolutivamente que regula as decisións do destino celular na maioría dos órganos do corpo e en diferentes pasos durante o desenvolvemento celular. A sinalización hiperactiva de Notch en pacientes con cancro de mama xa se relacionara en estudos previos cun peor prognóstico.

Publicidade

A investigación levouse a cabo con células tumorais de pacientes con cancro de mama, mostrando que os niveis altos de GIT1 inhibían a sinalización de Notch e protexían contra o crecemento tumoral, mentres que os niveis baixos desta proteína aumentaban o crecemento do cancro.

Por outra banda, os tumores ER negativos tiñan niveis máis baixos de GIT1 que os que si contan con receptores estroxénicos. Ademais, os resultados tamén mostraron que estas pacientes tiñan un mellor prognóstico cando os seus niveis da proteína eran máis altos.


ReferenciaGIT1 protects against breast cancer growth through negative regulation of Notch (Publicado en Nature Communications)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O Ministerio de Sanidade amplía o cribado do cancro de mama entre os 45 e 74 anos

As autoridades europeas, os datos achegados polas comunidades e a evidencia científica avalan a extensión das probas a novas franxas de idade

Cancro en Galicia: o 36% dos homes e o 25% das mulleres serán diagnosticados antes dos 75 anos

A última actualización do Rexistro Galego de Tumores revela que se detectaron máis de 17.000 en 2023, e sitúa os de próstata e mama como os máis frecuentes

O cribado de cancro de mama reduce á metade as mastectomías necesarias en 20 anos

O programa está destinado a mulleres de entre 50 e 64 anos e busca mellorar a detección temperá da enfermidade

A galega que pide adiantar mamografías aos 40 anos reabre o debate sobre a idade axeitada para os cribados

Un diagnóstico de cancro de mama metastático impulsa unha campaña con máis de 79.000 firmas para revisar os protocolos de detección precoz