Investigadores galegos lanzan o ‘Google Maps do mar’

O enxeñeiro náutico Iván García e o biólogo mariño Hugo Regalado lanzan un catastro dixital que permite debuxar un mapa para un uso personalizado

O proxecto galego Bioloxía e Información Marítima Ártabra (BIMA) naceu da necesidade de dixitalizar e explotar a información dunha forma efectiva, tendo en conta a sostibilidade medioambiental, social e económica. Este innovador catastro dixital do mar está baseado no cruce de bases de datos relacionadas co sector mariño e na conversión destes en información cartográfica, polo que está enfocada a eidos como a pesca, as operacións portuarias, o transporte marítimo ou a enerxía.

A través de diversos filtros, esta ferramenta permite debuxar un mapa mariño para un uso específico e personalizado. Por isto, os creadores da startup, o enxeñeiro náutico Iván García (A Coruña, 1993) e o biólogo mariño Hugo Regalado (Badajoz, 1995), xa o definen como “o Google Maps do mar”.

Publicidade

De esquerda a dereita: Iván García e Hugo Regalado, creadores de BIMA

Xestión do territorio

Este programa pioneiro permite diferentes aplicacións, dende cal é a mellor posición para situar un eólico ou unha batea, ata debuxar un patrón histórico de rutas de pesca co obxectivo de optimizar as capturas e aforrar combustible.

O seu funcionamento é bastante sinxelo: estabelécense uns condicionantes e de forma totalmente visual pódese ir filtrando ata chegar á zona ideal. Esta perspectiva tamén permite abranguer unha mellor xestión dos residuos, chegando inclusive á cartografía de zonas militares, polo que os investigadores xa deron con patrimonio correspondente ao período da II Guerra Mundial.

Publicidade

Sherpa do Mar

BIMA forma parte do programa de acompañamento e lanzamento Sherpa Journeys, unha experiencia que busca asentar as bases do proxecto e a apertura cara a novos mercados, como o norte de Portugal.

Sherpa do Mar é un proxecto que ten por obxectivo poñer en marcha unha rede de emprendemento no ámbito mariño. A través do seu programa Sherpa Journeys busca favorecer a xeración de emprego e o incremento empresarial a través do impulso de compañías de base tecnolóxica. Nel colaboran diversos grupos das tres universidades, así como distintos organismos de Portugal como a Asociación de Transferencia de Tecnoloxía Asprela.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

De residuo da pesca á rexeneración ósea: un estudo galego revela o potencial do coláxeno mariño

O traballo, liderado dende a USC, apunta á biocompatibilidade de restos de peixe e esponxas e ao seu potencial como alternativa ás variantes de orixe mamífera

Este é o Google Maps do universo que permite explorar o espazo en 3D

A aplicación achega información sobre a localización de cada corpo celeste e datos complementarios distribuídos en nove categorías

Que peixes son os máis sans para comer?

A seguridade fronte a contaminantes é clave no consumo de especies mariñas, co metilmercurio como principal risco sanitario. Por Antonio Figueras

Vinte graos en maio

O clima aumenta a temperatura do mar en Galicia ata acadar valores anómalos no mes de maio. Por Andrea Veiga