Martes 16 Abril 2024

Camiñar ás presas: unha receita para retardar o envellecemento biolóxico

Científicos da Universidade de Leicester atopan un vínculo entre a camiñada rápida e ata 16 anos menos de idade biolóxica

Camiñas ás presas, a lume do carozo, coma un foguete, bulindo ou lixeiriño ten a súa recompensa biolóxica. É o que sosteñen científicos da Universidade de Leicester, que informaron dunha posible relación entre este tipo de andar e a idade biolóxica.  A clave estaría na lonxitude dos telómeros dos leucocitos (LTL) un dos biomarcadores que os investigadores cren que podemos empregar para avaliar o ritmo de envellecemento do corpo humano. Esta idade biolóxica significa, esencialmente, o desgaste das células do corpo. O que quere decir que toda unha vida camiñando a unha velocidade superior á dunha camiñada podería equivaler a ser 16 anos máis novo, celularmente falando.

Camiñar non require ningún adestramento nin equipo especial, e os investigadores suxiren que podería utilizarse máis a miúdo nos tratamentos como forma de mellorar a saúde cando sexa apropiado.

Publicidade

As persoas con risco de enfermidades crónicas ou de envellecer pouco saudable son aquelas con andar máis miudiño

“Neste estudo, usamos a información contida no perfil xenético das persoas para demostrar que, efectivamente, un ritmo de marcha máis rápido conduce a unha idade biolóxica máis nova, medida polos telómeros“.

Os investigadores recorreron á base de datos do Biobanco do Reino Unido e extraeron os rexistros de 405.981 individuos de mediana idade. A análise xenética que levaron a cabo suxeriu unha relación causal entre camiñar a paso lixeiro e a LTL, independentemente de calquera outra actividade física

“Aínda que xa demostraramos que o ritmo da marcha é un factor moi importante para predicir o estado de saúde, non puidérams confirmar que a adopción dun ritmo de marcha enérxico mellorase realmente a saúde”, afirma Tom Yates, kinesiólogo da Universidade de Leicester (Reino Unido). “Neste estudo, utilizamos a información contida no perfil xenético das persoas para mostrar que é probable que un ritmo de camiñada máis rápido conduza a unha idade biolóxica máis nova”.

A intensidade do movemento nos paseos mediuse mediante autoinformes e tamén con dispositivos de seguimento da actividade física que levaban as persoas que participaron no estudo. A intensidade é importante: un paseo tranquilo non parece ter o mesmo efecto, aínda que calquera tipo de movemento é bo. A velocidade da marcha en si mesma está influída por toda unha serie de factores, desde a capacidade pulmonar e o control motor ata a saúde mental e os niveis de motivación. É algo que os médicos poderían considerar como un indicador da saúde xeral.

Andar a paso lixeiro relacionouse cun aumento da esperanza de vida de ata 20 anos, con tan só 10 minutos de camiñada

“Isto suxire que medidas como unha velocidade de marcha habitualmente máis lenta son unha forma sinxela de identificar as persoas con maior risco de padecer enfermidades crónicas ou de envellecer de forma pouco saudable, e que a intensidade da actividade pode desempeñar un papel importante na optimización das intervencións”, afirma o científico de investigación médica Paddy Dempsey, autor principal do estudo. “Por exemplo, ademais de aumentar o número de camiñadas en xeral, os que poidan poderían tratar de aumentar o número de pasos completados nun tempo determinado, por exemplo, camiñando máis rápido ata a parada do autobús. Con todo, isto require máis investigación”.

Telómeros: os marcadores da vida

Os telómeros cobren os cromosomas do corpo humano e conteñen secuencias repetitivas de ADN non codificante que protexen aos cromosomas dos danos, de forma parecida a como os tapóns dos cordóns dos zapatos evitan que se desfagan. Estes biomarcadores redúcense de forma natural a medida que se envellece, pero as investigacións demostraron que tamén poden acurtarse máis rapidamente pola falta de soño suficiente, por traballos esixentes e por o estrés e as tensións do parto.

Camiñar a paso lixeiro relacionouse previamente cun aumento da esperanza de vida de ata 20 anos, e esta esperanza de vida máis longa pode ser o resultado de tan só 10 minutos de camiñada ao día. Agora, tamén temos un vínculo causal entre esta actividade física específica e a lonxitude dos telómeros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

‘Skincare’, cuestión de saúde? : “Hai que diferenciar entre dermatoloxía e cosmética"

O experto Juan García Gavín apunta que aínda unha gran parte da poboación cre que o coidado da pel provén do mero interés estético

O sarampelo rexorde con forza en Europa: que podemos facer?

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de As autoridades sanitarias portuguesas confirmaron un novo caso de...

Confirmado: fumar prexudica as defensas incluso anos despois de deixalo

O tabaquismo produce alteracións na inmunidade innata e adaptativa, así como cambios epixenéticos que se manteñen durante décadas

De beber? Auga, pero que sexa reciclada, por favor

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de Quizais aínda non o saiba pero, do mesmo...