A raza non é un bo indicador do comportamento dos cans

Unha nova análise xenética revela que a maior agresividade, obediencia ou agarimo destes animais é froito de moitos anos de adaptación e non da raza

Varias institucións norteamericanas uníronse nun estudo para analizar os xenes dos cans actuais e así poder ampliar o coñecemento sobre a relación entre raza e comportamento. Esta cuestión, a pesar das ideas preconcibidas que existen arredor de determinados tipos de cans, non estaba aínda desenvolvida.

Os científicos utilizaron estudos de asociación do xenoma completo para buscar variacións xenéticas comúns que puidesen predicir trazos de comportamento en 2.155 cans de raza pura e mixta. Despois, combinaron estes datos con 18.385 enquisas a propietarios de mascotas do Arca de Darwin, unha base de datos de código aberto sobre trazos e comportamentos caninos declarados polos donos.

Publicidade

“Para algunhas características, atopamos variacións xenéticas que están significativamente asociadas ás diferenzas de comportamento. A máis notable inclúe unha rexión de ADN vinculada á frecuencia dos laios. Non está dentro dun xene, senón que está xunto a outro posiblemente regulador, e que, no caso dos humanos, se non vai ben afecta a área do desenvolvemento do fala no cerebro”, explica á Agencia SINC Kathleen Morrill, autora principal do traballo na Facultade de Medicina da Universidade de Massachusetts (EE.UU).

A xenética do comportamento centrouse nas razas modernas con características físicas e, supostamente, condutas distintivas

Ata o de agora, a xenética do comportamento nos cans centrouse nas razas modernas, subgrupos illados con características físicas e, supostamente, condutuais distintivas.

Publicidade

No estudo, os datos de comportamento analizáronse en función das razas declaradas polos propietarios e das ascendencias raciais detectadas xeneticamente.

A raza explica só o 9% da variación do comportamento

Os resultados destas probas, que incluían datos de 78 razas, identificaron once lugares específicos do cromosoma fortemente asociados ao comportamento, aínda que ningún deles era específico da raza. Tan só o 9% da variación do comportamento dos individuos estaba vinculada a ela.

O equipo propón que os comportamentos percibidos como característicos das razas modernas “derivan de milleiros de anos de adaptación polixénica anteriores á formación da raza, e que as razas modernas distínguense principalmente polos seus trazos estéticos”.

“A maioría dos comportamentos que consideramos característicos das razas modernas de cans son o resultado de miles de anos de evolución, desde o lobo ata o can salvaxe, pasando polo can doméstico e, finalmente, polas razas modernas”, asegura a coautora, Elinor Karlsson.

Foto de Sandy, un dos cans incluídos no noso proxecto. Sandy ten unha ascendencia predominante das razas de can boyero australiano (21,4%), collie (8,6 %), cocker spaniel americano (7,7 %) e pastor australiano (7,3 %). / Angela Lek/ SINC
Foto de Sandy, un dos cans incluídos no noso proxecto. Sandy ten unha ascendencia predominante das razas de can boyero australiano (21,4%), collie (8,6 %), cocker spaniel americano (7,7 %) e pastor australiano (7,3 %). / Angela Lek/ SINC

Comportamentos asociados á xenética

Un dos comportamentos que máis prediciu a xenética foi a capacidade de responder as indicacións dos humanos. Con todo, isto variaba significativamente entre os cans individuais.

“Non nos referimos tanto á capacidade de adestramento en si, como á motivación para cumprir as ordes. Os cans dóciles están motivados internamente, é dicir, desexosos de compracer á xente. Pola contra, os que son máis independentes poden estar máis motivados externamente (mediante lambetadas ou xoguetes), necesitan que ti fagas que valla a pena para eles. Ambos son trazos que se poden adestrar, pero os cans máis autónomos poden necesitar maiores reforzos positivos”, indica Morrill.

Como exemplo, a investigadora pon unha raza que parece, en media, máis independente, como o Gran Pirineo. A súa poboación provén de cans de traballo (cans gardiáns de gando), polo que para ela sería incorrecto dicir que non son ‘adestrables’ ou que non son intelixentes. Máis ben, son máis independentes.

A contorna e a experiencia mostraron ser un compoñente enorme para determinar o comportamento dos cans

A contorna e a experiencia mostraron ser un compoñente enorme para determinar o comportamento dos cans. Ademais, a idade foi significativa para varios trazos como prácticas con xoguetes, e o sexo só para un trazo: a orde de ‘levanta a pata para ouriñar’, pero iso pode deberse a que non hai moitos cans de compañía sen castrar ou sen esterilizar, ou concretamente neste estudo”, continúa a autora.

Tamén acharon diferenzas entre razas puras e mixtas. Os xenomas dos cans mestizos eran máis complexos e os seus niveis de endogamia máis baixos que os dos cans de raza pura, aínda que ese era un achado esperado. “O sorprendente é que ambos, en conxunto, son útiles para o mapeo xenético destas características. Previamente os científicos centrábanse case sempre nos de raza pura, pensando que o ADN dos mestizos sería demasiado complicado. Os novos métodos estatísticos e a tecnoloxía xenómica han feito factible estes últimos nos estudos”, subliña.

Razas modernas dende o século XIX

A pesar de ser un dos compañeiros animais máis antigos do ser humano, case todas as razas modernas de cans creáronse hai só uns 200 anos. Antes desa data, hai máis de 2.000 anos, os cans seleccionábanse principalmente polos seus trazos esenciais para as súas funcións, como a caza, a protección ou o pastoreo.

Case todas as razas modernas de cans creáronse hai só uns 200 anos

Non foi ata o século XIX cando os humanos empezaron a seleccionar aos cans polos seus trazos físicos e estéticos definitorios da raza. Hoxe en día, á maioría das razas caninas modernas atribúenselles temperamentos característicos asociados á súa función ancestral. Por esta razón presupoñíase que a ascendencia racial de cada can predicía o seu temperamento e comportamento.

Debería cambiar a lexislación?

Isto deu lugar, entre outras cousas, a unha serie de lexislacións específicas para as razas, que poden incluír restricións de seguros ou a prohibición total de posuír algunhas razas de cans.

“Aínda que neste estudo non ofrecemos ningunha declaración sobre leis directamente, si pon de relevo que as declaracións xerais sobre a raza que asumen que é preditiva do comportamento individual é un enfoque erróneo”, conclúe Morrill.


Referencia: Ancestry-inclusive dog genomics challenges popular breed stereotypes (Publicado en Science)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O can de palleiro: a raza galega que busca ser excepción na Lei de Benestar Animal

A normativa prohíbe a cría a particulares, o que exclúe ás asociacións que traballan sin ánimo de lucro para dar continuidade ás especies autóctonas

Remata a tempada de caza, comeza a do abandono de cans

O informe 2022 da Fundación Affnity cifra en case 22.000 o número de animais usados para fins cinexéticos abandonados en España

O achado do óso dun can proba que a especie foi domesticada hai máis de 17.000 anos

Investigadores da Universidade do País Vasco identificaron un úmero canino prehistórico na cova de Erralla que se corresponde cun exemplar de hai 17.000 anos

Un kit detecta a resistencia a antibióticos en menos de dúas horas

Albert Quintana, investigador da Autónoma espera que o método de diagnóstico estea en centros de saúde nun prazo de 3 a 5 anos