Publicidade
Mércores 21 Maio 2025
Publicidade

Durmir menos de cinco horas cuadriplica o risco de morte en hospitalizados

Unha nova iniciativa que parte de investigadores e persoal sanitario quere cambiar a cultura dos hospitais respecto do descanso dos pacientes. Agora, denuncian, é demasiado habitual que se interrompa varias veces cada noite o soño das persoas ingresadas, o que afecta negativamente tanto ao seu estado de ánimo como á súa recuperación. Por iso, puxeron en marcha o proxecto Sueñon, co que impulsar novas prácticas que fagan máis amable a estancia.

SueñOn é unha campaña impulsada por enfermeiras da Unidade de Investigación en Coidados de Saúde do Instituto de Saúde Carlos III de Madrid e está dirixida a toda a sociedade (profesionais de saúde, xestores, pacientes). En Galicia, profesionais da Enfermería dos principais hospitais galegos xa se sumaron a esta iniciativa e o vindeiro mes de novembro, entre os días 15 ao 18, haberá un encontro sobre este tema na cidade da Coruña.

Publicidade

O obxectivo é concienciar e cambiar a cultura dos coidados hospitalarios

O fin de Sueñon é promover o descanso das persoas hospitalizadas, e a través de dúas frontes de actuación: En primeiro lugar, empoderar aos profesionais da saúde, liderados por enfermería, para que poidan cambiar as súas rutinas usando as recomendacións que propón a evidencia.

E, por outra banda, establecer dun plan de comunicación para que a mensaxe chegue á poboación en xeral a través dos profesionais que lles coidan, as asociacións de pacientes e os medios de comunicación social.

Publicidade

A iniciativa está baseada en resultados científicos que constatan que un 82 % das persoas ingresadas tiveron algunha interrupción do soño nalgún momento e, desta porcentaxe, un 33 % afirmou ter «moitos» problemas para durmir axeitadamente.

Estas interrupcións adoitan ser debidas á luz excesiva, as rutinas e coidados de enfermería, ao paciente ou ao compañeiro de habitación, ao ruído na unidade de hospitalización, a que a cama non sexa cómoda e a temperatura da habitación sexa a adecuada e finalmente, a dor, a fatiga, o medo ou a preocupación. A todo isto, engádense as sestas diúrnas propiciadas polo tempo que deben permanecer na cama ou sentados sen maior distracción.

Desde a súa posta en marcha, xa se sumaron un cento de enfermeiras

Ademais, a investigación na que se baseou a campaña mostra que os pacientes que dormen pola noite menos de 5 horas teñen asociado un incremento de mortalidade catro veces maior en comparación cos que dormen máis destas horas.

Desde a súa posta en marcha, a mediados de xullo, xa recrutaron a case un centenar de enfermeiras que se comprometeron a seguir estas recomendacións nos seus propios centros. Aproximadamente a metade, ademais, colaborarán na recompilación de datos sobre a situación do descanso dos pacientes. De momento, o obxectivo é que a iniciativa chegue “de abaixo a arriba”, e nos próximos meses tamén sumar ás institucións e aos centros de saúde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que dormes mal? Dez consellos para conciliar o sono durante a menopausa

Ata un 40% das mulleres sofren algún trastorno durante o proceso, aínda que outros estudos elevan a prevalencia ata o 50% ou o 60%

Botas sesta ou tes insomnio? Catro formas de durmir e as súas consecuencias na saúde

A diabetes, a obesidade, as enfermidades neurodexenerativas e os problemas de saúde mental asócianse coa falta de sono

O 48% da poboación adulta española e o 25% da infantil carecen dun sono de calidade

Os trastornos relacionados afectan a un 22-30% da poboación e máis de catro millóns de persoas padecen algún tipo de afección crónica

Identificada unha nova diana terapéutica para o tratamento da enfermidade do sono

A investigación avanza no coñecemento do 'Trypanosoma brucei', parasito responsable desta patoloxía