Drástica caída das hospitalizacións de bebés en Galicia pola vacina do virus sincitial

A Consellería de Sanidade comunicou os primeiros datos despois de iniciar, por primeira vez en España, a campaña de vacinación

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade confirma un menor número de hospitalizacións por virus respiratorio sincitial (VRS) en bebés nas primeiras semanas da temporada despois de iniciar, por primeira vez en España, a campaña de inmunización en Galicia.

Segundo os datos publicados a data 26 de novembro, a Xunta inmunizou co anticorpo monoclonal Nirsevimab un total de 8.909 bebés divididos nos tres grupos diana (o grupo de nacidos entre o 1 de outubro de 2021 e o 31 de marzo de 2023 con factores de risco -342-, o grupo de recaptación que naceran entre o 1 de abril ao 24 de setembro do presente ano -6.171- e os neonatos durante a campaña iniciada o 25 de setembro e que rematará o 31 de marzo do próximo ano -2.396-). Desta forma, a concienciación das familias na protección da saúde das súas fillas e fillos fai que se acade unha cobertura da inmunización do 100% nos grupos de risco, do 81,1% en recaptación e do 92,9% en novos nacementos desde o 25 de setembro nos hospitais públicos e privados galegos.

Publicidade

Con este nivel de cobertura, foron comparados os datos de hospitalización da actual temporada de VRS 2023-2024 coas anteriores, agás 2020-2021 e 2021-2022 afectadas pola COVID. Así, a análise dividiuse no grupo de nacidos entre abril e setembro deste ano, lactantes menores de dous meses e lactantes menores de seis meses.

A taxa semanal de hospitalización por VRS en Galicia na cohorte de nacidos entre abril e setembro achegárase aos 1.000 ingresos por 100.000 habitantes na semana 46 do ano 2022, mentres que este ano non superou unha taxa de 60 ingresos por 100.000 habitantes. No caso de lactantes de menos de dous meses, o pasado ano a taxa na semana 47 estaba arredor dos 1.200 ingresos por 100.000 habitantes e esta temporada é de 35. O descenso de hospitalizacións tamén se constata nos lactantes menores de cinco meses, que en 2022 acaba o pico na semana 47 cunha taxa superior a 800 e esta temporada non chega a 40.

Por iso, a Xunta asumiu a recomendación da Dirección Xeral de Saúde Pública de converter a Galicia na primeira comunidade autónoma en incluír a inmunización contra o virus respiratorio sincitial e manter o calendario de inmunización ao longo de toda a vida máis completo de España.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Achégase a tempada dos virus respiratorios: volverán as máscaras?

Poñerse máscara é só unha das medidas para facer fronte á epidemia estacional e protexer así tanto a nosa saúde como a do resto da cidadanía

O Sergas vacinará a 15.000 nenos cunha dose máis eficaz contra a bacteria da meninxite

Sanidade decide incrementar a inmunización dos meniños de dous anos xa vacinados cunha protección catro veces maior

Os pediatras aconsellan vacinar as embarazadas para evitar casos graves de tosferina

A inmunización das nais xestantes proporciona unha elevada protección aos bebés ata que reciben a súa primeira dose aos dous meses de idade

África González, ante a reaparición do sarampelo: “As familias deben vacinar os seus fillos”

España rexistra os seus primeiros casos trala pandemia e dende o 1 de xaneiro suma xa 15 contaxios