Un rapaz de 19 anos, o caso de alzhéimer máis precoz que se coñece

Non existen antecedentes da doenza na súa familia nin padece outras enfermidades ou infeccións que lle causen a deterioración cognitiva

O alzhéimer considérase unha enfermedidade que afecta a población envellecida, porén, os casos temperás que inclúen a persoas menores de 65 anos representan o 10% de todos os diagnósticos. Un rapaz de China de 19 anos acaba de ser diagnosticado por un grupo de neurólogos, o que o converte na persoa máis nova con alzhéimer. Na súa familia ninguén tiña antecedentes da doenza e el tampouco padecía outras enfermidades que expliquen a gran deterioración cognitiva que sofre dende varios anos atrás.

O rapaz comezou a ter problemas de concentración, case non podía levar unha vida normal na clase e a súa memoria a curto plazo reducíase cada vez máis, non lograba lembrar o que acontecera o día anterior e perdía cousas continuamente. Tiña 17 anos e foi durante a súa etapa en secundaria cando notaba que algo non ía ben e rematou por deixar os estudos.

Publicidade

Un ano despois comezou a someterse a probas e análises que determinaron unha atrofia hipocampal bilateral, hipometabolismo do lóbulo temporal e maior concentración da proteína tau, sinais típicas do alzhéimer. Na súa maior parte, os pacientes menores de 30 anos que padecen esta enfermidade están afectados por mutacións xenéticas patolóxicas, o que se coñece como alzhéimer familiar (FAD). Porén, os investigadores da Capital Medical University de Beijing non puideron atopar ningún xene sospeitoso.

A puntuación da memoria a escala completa do paciente foi un 82% máis baixa que a dos compañeiros da súa clase e a puntuación de memoria inmediata foi un 87% máis baixa. Aínda que é necesario realizar un seguemento para manter o diagnóstico, o equipo médico considera que o paciente está “alterando a nosa comprensión da idade típica do inicio da EA”.

Publicidade

“O paciente tivo unha EA de inicio moi temperá sen mutacións patóxenas claras”, escribe o neurólogo Jianping Jia. En declaracións ao South China Morning Post os neurólogos explican que é necesario centrarse e estudar estes inicios temperás de EA para avanzar no coñecemento da pérdida da memoria. “Explorar os misterios dos rapaces con enfermidade de Alzhéimer pode converterse nunha das cuestións científicas más desafiantes do futuro”, explican. O estudo publicouse na revista Journal of Alzheimer’s Disease.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Novas claves para entender por que os cerebros dos ‘superanciáns’ non envellecen

Un recente descubrimento engade novos detalles sobre a natureza excepcional dos cerebros dos superdotados sénior

De verdade fomos máis felices en 2016? A ciencia detrás da última tendencia en redes

Os recordos cargados de emoción consolídanse mellor que os neutros, pero co tempo ocorre algo curioso: moitas experiencias negativas perden forza

Por que lembramos algúns momentos e non outros?

Investigadores da Universidade de Boston suxiren que os recordos de momentos cotiáns adquiren máis forza cando se asocian a un feito significativo: algo sorprendente, gratificante ou con carga emocional

Os gatos con demencia, unha nova fiestra ao estudo do alzhéimer en humanos

Investigadores da Universidade de Edimburgo revela que os felinos desenvolven cambios cerebrais similares aos das persoas, o que os converte en modelos naturais prometedores para a investigación da enfermidade neurodexenerativa