Detectado o primeiro caso de botulismo en Galicia por consumir unha tortilla de patacas envasada

Un home de 48 anos que xa foi dado de alta estivo ingresado dúas semanas no hospital de Ourense, 10 días na UCI

Un dos catro casos de botulismo confirmados en España por consumir unha tortilla de patacas envasada foi rexistrado en Ourense. Un home de 48 anos estivo ingresado 15 días no hospital, 10 deles na UCI. Este luns foi dado de alta. O Servizo de Medicina Preventina da Área Sanitaria de Ourense levou a cabo unha investigación epidemiolóxica xa que é unha enfermidade de declaración obrigatoria perante o Sistema Nacional de Alertas de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade.

Nese momento, a administración xa notificara catro casos e tres posibles en distintas comunidades autónomas. Polo momento, as investigacións apuntan a unha probable relación co consumo dunha tortilla de pataca envasada. A Axencia Española de Seguridade Alimentaria xa emitiu unha alerta sanitaria. O Ministerio de Sanidade informou que os casos detectados se corresponden cunha muller de 23 anos e o seu pai de 61 que viaxaron a Italia desde Valladolid, e que consumiron unha tortilla envasada o 30 de xuño e comezaron cos síntomas o 1 e 2 de xullo. Outro caso reside en Asturias, e foron notificados tamén tres posibles casos na Comunidade Valenciana, Madrid e Andalucía. A persoa que reside en Madrid tivo que ser ingresada na UCI. Polo momento, non hai falecementos relacionados con este gromo de botulismo.

Publicidade

O grupo Empresarial Palacios Alimentación dirixiuse aos consumidores para pedirlles que non consuman a tortilla de patacas envasada que fabrican, así como as marcas brancas relacionadas, e a devolvan á tenda por estar relacionada co gromo de botulismo.

Síntomas

O botulismo é unha enfermidade grave pouco frecuente causada por toxinas producidas pola bacteria Clostridium bolutinum. Segundo explica a Organización Mundial da Saúde (OMS), o botulismo humano pode ser transmitido polos alimentos que non foron procesados axeitadamente. Pode ser mortal se non se diagnostica rapidamente e non se trata coa correspondente antitoxina. Os alimentos envasados, conservados ou fermentados de preparación doméstica son unha fonte frecuente de botulismo de transmisión alimentaria, e a súa preparación require precaucións especiais.

Publicidade

Os síntomas iniciais inclúen fatiga intensa, debilidade e vertixe, seguidos por visión borrosa, sequidade na boca e dificultade para tragar e falar. Tamén poden concorrer vómitos, diarrea, constipación e inflamación abdominal. A enfermidade pode debilitar o pescozo e brazos e afectar posteriormente aos músculos respiratorios e os da parte inferior do corpo. Non se presentan síntomas febrís ou de perda de consciencia.

A sintomatoloxía non é provocada pola bacteria, senón pola toxina que produce. Polo xeral, maniféstase entre 12 e 36 horas despois de comer o alimento en mal estado (cun prazo mínimo de catro horas e un máximo de oito días). A incidencia do botulismo é baixa, pero a taxa de mortalidade é alta se non se realiza un diagnóstico precoz e se dispensa rapidamente o tratamento axeitado. A enfermidade pode ser mortal no 5 ao 10% dos casos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do cambio climático aos patóxenos: as claves do acusado declive da zamburiña en Galicia

Un grupo do IIM-CSIC inicia unha investigación no único banco natural explotable en Galicia que apunta unha combinación de múltiples factores

▪️ Galicia rexistrou a primavera máis seca dende 1990

O último informe de Meteogalicia indica que nos meses de marzo, abril e maio houbo un 46% menos de precipitacións do habitual para o período

Cinco motivos polos que a Unesco tumba a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

Un informe do Icomos sinala deficiencias na representatividade, na metodoloxía, no descenso demográfico e nos efectos das infraestruturas sobre o valor da paisaxe

A riqueza baixo os carballos: un estudo pioneiro con participación da USC revela a súa diversidade fúnxica

A investigación identifica 297 especies asociadas ás raíces destas árbores no norte peninsular e confirma a existencia de extensas redes biolóxicas