Un estudo realizado polo Machine Biology Group de la Universidad de Pennsylvania, que lidera o científico galego César de la Fuente Núñez (A Coruña, 1986), abre un novo camiño na loita contra as infeccións bacterianas, ao aproveitar as propiedades antimicrobianas ocultas no veleno da avespa eumenina solitaria Eumenes micado. O traballo acaba de ser publicado na prestixiosa Cell Reports Physical Science.
Os investigadores conseguiron converter dous péptidos (AMP) do veleno da avespa en importantes axentes antimicrobianos, un logro que “abre novas portas para deseñar novos antibióticos inspirándonos nos velenos do mundo natural”, subliña o biotecnólogo e profesor da Universidade de Pennsylvania.
“Pensamos que os velenos son unha fonte de medicinas pouco explorada” engade De la Fuente, que xunto co seu equipo traballa para combater infeccións bacterianas e facer fronte á crecente ameaza da resistencia aos antibióticos. Os enfoques tradicionais para atopar novos antibióticos, explica, “centráronse sobre todo en compostos sintéticos e bacterias do chan”.
“Os velenos da natureza son unha fonte de medicinas pouco explorada, os enfoques céntranse en compostos sintéticos”
CÉSAR DE LA FUENTE, líder do Machine Biology Group da Universidade de Pennsylvania
As infeccións bacterianas resistentes aos medicamentos —as chamadas superbacterias— son un grave problema de saúde pública global. Son responsables do 65% de todos os casos de infección e só en Estados Unidos provocan máis de 35.000 mortes ao ano. Ademais calcúlase que no horizonte de 2050 morrerán 10 millóns de persoas ao ano como consecuencia das infeccións de bacterias super-resistentes aos antibióticos, o que supoñerá unha morte cada tres segundos. Fronte a esta situación urxe a procura de novos axentes antimicrobianos e neste eido enmárcase a investigación encabezada polo coruñés De la Fuente.
Non é a primeira vez que este profesor e investigador da Universidade de Pennsylvania pon o foco no veleno das avespas á hora de buscar antibióticos efectivos contra as bacterias resistentes. Con anterioridade, e coa avespa asiática Vespula lewisii, conseguiuse, mediante técnicas de bioloxía sintética, reprogramar o seu veleno para convertelo en antibiótico aplicado a modelos animais pre-clínicos.
No estudo actual, a través dun deseño guiado por estrutura e función, transformaron dúas AMP naturais derivadas do veleno da avespa eumenina solitaria Eumenes micado en AMP α-helicoidales con toxicidade reducida en armas contra las Gram-26 negativa, que amosaron a súa eficacia in vitro e nun modelo preclínico de rato.
Estratexias innovadoras
Sen dúbida profúndase un pouco máis na aposta por estratexias innovadoras na loita contra as enfermidades infecciosas. Os seus propios autores avogan por avanzar no camiño aberto, poñendo énfase na idea de que “os péptidos sintéticos deseñados aquí constitúen estadas antibióticas activas que xustifican un maior desenvolvemento”.
Un grupo multidiscilinar está detrás do traballo, guiado por estrutura-función de péptidos sintéticos con actividade antiinfecciosa derivados do veleno de avespa. O equipo está integrado, xunto co seu coordinador César de la Fuente, polos investigadores Andreia Boato, Lucia Ageitos Marcelo Der Torossian Torres, Esther Broset Blasco e Sebahat Oztekin, ao que guía o desafío das resistencias desenvolvidas polas bacterias aos antibióticos.
Referencia: Diseño guiado por estructura-función de péptidos sintéticos con actividad anti-infecciosa derivados del veneno de avispa (Publicado por Cell Reports Physical Sciencia)