Detectado en Galicia un primeiro caso sospeitoso da variola do mono

A Consellería de Sanidade activa un protocolo para a abordaxe dos casos

A Consellería de Sanidade vén de activar un protocolo para que todos os profesionais sanitarios de Galicia teñan claros os criterios para identificar posibles casos de varíola do mono. De feito, na mañá deste venres detectouse un caso sospeitoso, que xa se remitiu ao Centro de coordinación de alertas e emerxencias sanitarias do Goberno central.

Trátase dunha persoa, que non está hospitalizada, e que presenta clínica compatible coa definición de caso distribuída pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, á espera de recibir o protocolo definitivo por parte do Ministerio.

Publicidade

https://twitter.com/Xunta/status/1527665754996449281?s=20&t=nLXOVLLvXQWEhJ9qavmW2w

Desde que recibiu a alerta internacional sobre a varíola do mono, o martes pola tarde, Galicia está vixiante para poder identificar e confirmar, por medio de proba PCR enviada para a súa análise ao Instituto de Saúde Carlos III, dos posibles casos desta enfermidade.

Publicidade

Neste sentido, remitiuse aos centros asistenciais galegos, tales como servizos de urxencias, o 061, ou centros de atención primaria, un primeiro protocolo elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, para que calquera profesional sanitario galego teña claro cales son os criterios para poder incluír un caso dentro desta alerta.

“A transmisión da varíola dos monos non é comparable á da covid”

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os chícharos galegos que buscan unha segunda oportunidade

O proxecto GUIPROGAL recupera variedades tradicionais con boas taxas de xerminación e potencial para a alimentación humana e animal

Como de sostible é o teu concello segundo os obxectivos para 2030? Compróbao neste mapa interactivo

A UVigo desenvolve unha plataforma aberta que avalía o grao de cumprimento dos 17 ODS a partir de 69 indicadores

Investigadores analizan macroalgas verdes mariñas para impulsar a súa valorización en Galicia

Un equipo da UVigo estuda os polisacáridos do xénero Codium da costa galega como fonte de novos ingredientes funcionais

Unha tese identifica unha Escola Galega de Percusión con ritmos e técnicas propias

A investigación de Cristian Silva Bóveda na USC recupera a historia dos intérpretes relegados e descifra os patróns de gravacións do século XX