Descartado o caso sospeitoso de coronavirus en Vigo

A paciente, que está illada na súa casa, viaxou á China recentemente e tiña un cadro de malestar que levou ao seu ingreso no hospital Álvaro Cunqueiro

Os facultativos do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo descartaron un posible caso de infección por coronavirus nunha muller que recentemente regresou de vacacións de China e que xa foi dada de alta, segundo informaron fontes do Sergas.

A muller acudiu nun primeiro momento ao Punto de Atención Continuada (PAC) da rúa Pizarro de Vigo, onde explicou que non se atopaba ben e dado que nun principio os síntomas que presentaba podían estar relacionados con coronavirus foi derivada ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Publicidade

Tamén foi derivada outra persoa que a acompañaba e que igualmente viaxara ao país asiático, aínda que esta estaba asintomática.

Unha vez neste centro hospitalario, a muller permaneceu illada nun box de Urxencias á espera do resultado das probas ás que foi sometida para comprobar se os síntomas que presentaba puidesen ter relación ou non co brote infeccioso que se orixinou no país asiático.

Publicidade

A paciente foi dada de alta coa recomendación de quedar na casa e usar máscara

Segundo as fontes sanitarias, no recoñecemento determinouse que “non cumpría os criterios de definición de caso en investigación”, polo que se descartou un posible caso de infección por coronavirus e a muller foi dada de alta e puido regresar ao seu domicilio.

O xerente da área sanitaria de Vigo, Julio García Comesaña, explicou en declaracións aos medios que ambas as mulleres permaneceron nun box de illamento nas urxencias do hospital e que os profesionais que as atenderon tomaron “as precaucións necesarias”.

A quen se atopaba mal tomáronlle mostras “xa co coñecemento” de que non se trataba dun caso sospeitoso de coronavirus e fixéronlle “todos o test posibles” da gripe e que deron negativo.

Ambas foron dadas de alta, aínda que a unha delas coa recomendación de que, no posible, non salga de casa e utilice unha máscara. Aínda que non cumpre os criterios de sospeita de coronavirus, as mostras biolóxicas que se lle tomaron botarán un dato definitivo sobre o caso.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla