Curada a última paciente dunha das maiores epidemias de ébola no Congo

A OMS anuncia que despois de máis dun ano loitando contra a doenza, xa non existe ningunha persoa afectada no país centroafricano

Chámase Masiko Muhaso, e esta semana saíu dun centro de tratamento situado na cidade congoleña de Beni, ao norte do país, preto da fronteira con Uganda, no medio dunha gran celebración. A festa debíase a que esta muller foi a última paciente que permanecía ingresada pola grave epidemia de ébola que desde hai máis dun ano levaba afectando á República Democrática do Congo (RDC).

O abrocho, declarado en agosto de 2018, é o segundo peor do que existen datos desde a aparición da enfermidade, con 3.444 casos confirmados e 2.264 mortes. O ébola foi identificado por primeira vez en 1976 en dúas vilas de Sudán e o antigo Zaire (hoxe RDC) á beira do río Ebola, que lle deu nome á doenza. En 2014, varios países de África occidental sufriron o maior abrocho  da historia, que acabou con case 30.000 infectados e máis de 11.000 mortos.

Publicidade

Masiko saíu xa curada, pero seguen baixo vixilancia 46 persoas que estiveran en contacto coa paciente para controlar que a doenza non se propague. “Seguiremos atentos durante o resto do período de observación”, expuxeron fontes da OMS. O fin do abrocho, segundo os criterios sanitarios, só pode confirmarse despois de que pasen 42 días desde que o último caso resulte negativo nas probas.

“Aplaudo os esforzos incansables que se fixeron para responder ao abrocho, e estou realmente esperanzado pola noticia de que a última paciente saíu sa do centro de tratamento”, declarou a doutora Matshidiso Moeti, directora rexional da OMS en África. “Pero todavía  non é o final do ébola no Congo, temos que seguir atentos”, engadiu.

Publicidade

O ébola ten unha taxa de letalidade de arredor do 50%, o que o converte nun dos virus máis letais actualmente no planeta. É transmitido ao ser humano por animais salvaxes e propágase na poboación pola transmisión de persoa a persoa por contacto directo con órganos, sangue, secrecións ou outros líquidos corporais de persoas infectadas ou por contacto indirecto con materiais contaminados. Os pacientes son contaxiosos mentres o virus estea presente no sangue.

Os síntomas adoitan ser febre súbita, debilidade intensa, dores musculares, de cabeza e gorxa. A medida que o ébola avanza, é común a aparición de vómitos e diarrea, erupcións cutáneas, deterioro da función dos riles e o fígado e, nalgúns casos, hemorraxias internas e externas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo galego explora o uso de virus para combater as infeccións de ouriña resistentes aos antibióticos

Un estudo liderado dende Galicia analiza un dos patóxenos que máis preocupa nos hospitais e reforza o potencial dos bacteriófagos

Nova epidemia de ébola: por que declarou a OMS unha emerxencia internacional?

O 15 de maio confirmouse un gromo causado pola especie 'Orthoebolavirus bundibugyoense' na República Democrática do Congo. Por Raúl Rivas

Que é o norovirus? A enfermidade detrás dunha morte nun cruceiro en Burdeos e o illamento de 1.700 persoas

As autoridades francesas investigan un posible gromo tras detectar varios casos con síntomas, como vómitos, diarrea e dor abdominal

A OMS eleva a cinco os casos confirmados de hantavirus

A organización asegura que os demais pasaxeiros do 'MV Hondius', que navega en dirección ás Canarias, non presentan síntomas e que o risco para a poboación xeral é "baixo"