Xoves 18 Abril 2024

A EMA non recomenda a cuarta dose para a poboación xeral

A viróloga Sonia Zúñiga, do CSIC, sinala que "non hai apenas beneficio adicional en canto a aumento da protección fronte á enfermidade severa"

De momento, non haberá unha cuarta dose das vacinas contra a covid-19 para a poboación xeral. Esa é a mensaxe que lanza a Axencia Europea do Medicamento (EMA) e o Centro Europeo para a Prevención e o Control de Enfermidades (ECDC) nun comunicado. “É demasiado pronto para considerar o seu uso”, sinalan no documento, facendo alusión ás vacinas de ARNm —é dicir, Pfizer e Moderna—. Pola contra, os dous organismos europeos conviñeron en recomendar a cuarta dose nos maiores de 80 anos, debido a que son unha poboación máis vulnerable a sufrir covid grave.

A este respecto, a viróloga española Sonia Zúñiga, do Centro Nacional de Biotecnoloxía do CSIC, afirma o seguinte: “Os estudos sobre unha posible cuarta dose realizados polo momento indican que, aínda que o nivel de anticorpos sobe coa cuarta dose, a protección fronte á infección por ómicron vai diminuír do mesmo modo en que o fai despois da terceira dose, e non hai apenas beneficio adicional en canto a aumento da protección fronte á enfermidade severa”.

Publicidade

Sen evidencia concluínte

Así o reforza o comunicado da EMA, que sinala que en adultos sans e menores de 60 anos “non hai evidencia concluínte” de que a protección da vacina contra a enfermidade grave estea a diminuír ou que, como sinala Zúñiga a través do Science Media Center, unha cuarta dose dea un valor engadido. Tampouco atoparon “probas claras” da diminución da protección na franxa de 60 a 79 anos. De todas formas, a EMA fai fincapé en que se a situación epidemiolóxica actual cambia —por exemplo, coa aparición de novas variantes—, poden cambiar as recomendacións e, de ser preciso, considerar unha cuarta dose para este grupo de idade.

A maiores, Zúñiga cre que hai algúns aspectos que non se mencionan no comunicado da EMA. “Un punto que non tratan no anuncio de hoxe é a conveniencia de que vacinas se actualicen para ser máis efectivas fronte a ómicron. As empresas fabricantes estaban desenvolvemento estas inxeccións máis específicas que, en caso de estar listas e ser aprobadas, serían unha mellor alternativa para esa potencial cuarta dose nas persoas vulnerables”, conclúe a investigadora.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Descobren características do VIH compatibles coa súa curación

Científicos de Sevilla estudaron a persoas cuxo organismo é capaz de dominar o virus sen necesidade de tomar un tratamento antirretroviral

O CSIC acha unha combinación de fármacos eficaz fronte ao SARS-CoV-2

A unión de ribavirina e remdesivir consegue eliminar de forma rápida o virus ao inducir un exceso de mutacións no seu xenoma que lle impiden multiplicarse con eficacia

Máis do 90% das crías de pardela cincenta teñen plásticos no estómago

Un estudo en exemplares xuvenís de Canarias e Azores apunta a esta especie como un biomarcador de refugallos flotantes no Atlántico norte

Un hidroxel permite cultivar células neurais para reparar lesións medulares

O material desenvolvido polo CSIC combínase con campos magnéticos, un avance na busca de novas terapias