As consultas por gripe aumentan un 107% en Galicia na última semana

A Consellería de Sanidade contabiliza 150 novos ingresos por influenza, a maioría de tipo A, entre o 6 e o 13 de xaneiro

A Consellería de Sanidade trasladou este xoves que a intensidade da gripe está en nivel baixo pero con tendencia crecente. Así o recolle o último Informe de actividade das infeccións respiratorias agudas, que analiza os casos e ingresos hospitalarios durante a segunda semana do ano. Segundo os datos, a taxa de consultas por gripe en atención primaria aumentou un 107%, situándose nas 73,4 citas por 100.000 habitantes. O incremento obsérvase en todos os grupos de idade agás no de 0 a 4 anos. O grupo etario con maior taxa foi de 20 a 59 anos. As consultas aumentaron en todas as áreas sanitarias, especialmente en Ourense, Verín e Barco de Valdeorras.

En canto aos ingresos hospitalarios, na semana do 6 ao 13 de xaneiro de 2025 ingresaron 150 persoas con gripe confirmada, isto é un 27% máis que a semana anterior. No que vai de temporada da gripe notificáronse 481 ingresos, a maioría deles con virus tipo A.

Publicidade

O Plan sanitario de inverno da Xunta desta temporada recolle de a vixilancia epidemiolóxica a través das achegas dunha rede de farmacias sentinela. Desta forma, os datos remitidos á Dirección Xeral de Saúde Pública reflicten que as taxas de dispensación de antigripais e probas de antíxenos minguaron respecto da primeira semana do ano 2025.

O uso de máscara, recomendable en certos grupos

A Dirección Xeral de Saúde Pública recomenda o emprego da máscara aos pacientes con síntomas respiratorios e aos profesionais que os atenden, así como en determinados grupos de risco ou dispositivos asistenciais como poden ser as urxencias hospitalarias.

Publicidade

O informe de actividade das infeccións respiratorias agudas indica que a razón de casos por médico de covid-19 se mantivo estable mentres que a taxa de consultas aumentou un 18,4%.Pola súa banda, no que atinxe ao Virus Respiratorio Sincitial (VRS), a taxa de ingresos no conxunto da poboación foi de 1,6 ingresos por 100.000 habitantes, un dato inferior ao da semana pasada (3,8 ingresos por 100.000 habitantes).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Sanidade rexistra un aumento na incidencia da gripe e a covid

As taxas de dispensación de antigripais e probas de antíxenos aumentaron un 24,5 % e un 88,9 %, respectivamente, en comparación coa semana anterior

Galicia activa un programa para mellorar a vixilancia da infección pulmonar causada pola lexionela

A Consellería de Sanidade, a USC e a Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica analizarán as cepas da bacteria para facilitar a detección de posibles gromos

Da gastroenterite á varicela: guía das enfermidades que axexan as aulas

A volta ao cole abre a porta a contaxios frecuentes por mor de patóxenos contra os que se dispón de poderosas defensas

A Consellería de Sanidade activa o protocolo de actuación tras detectar un caso de sarampelo

A investigacion apunta a un paciente importado, sen contactos detectados ata o momento e cun risco moi baixo para a poboación xeral