Santiago acolle en febreiro un evento sobre as tendencias de investigación en IA e saúde

O encontro celebrarase os días 19 e 20 de febreiro e conten un programa cheo de actividades para profesionais do sector

Coñecer casos de éxito, tendencias de investigación e compartir experiencias. Isto é o que poderán facer as persoas que asistan ao evento ‘Investir en Ciencia Si é rendible: Impacto e retorno’ que se celebrará en febreiro en Santiago de Compostela. Como novidade para esta edición, o encontro descubrirá novos desenvolvementos de intelixencia artificial para todo o ecosistema de innovación, mais tamén se manterá a tradicional visita a diversos centros como o CiMUS ou a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, entre outros. As xornadas, con inscrición gratuíta, completan a súa axenda con mesas redondas e obradoiros, entre outras actividades.

O encontro do ecosistema de investimento en ciencia e tecnoloxía deeptech, Investir en Ciencia, está organizado por Unirisco e Noso Capital. Nestas dúas xornadas, que se levarán a cabo os días 19 e 20 de febreiro na cidade compostelá, abordaranse temas como o desenvolvemento da intelixencia artificial, o emprendemento científico e os diversos enfoques sobre o investimento. Deste xeito preténdese impulsar o investimento en transferencia do coñecemento e proxectos disruptivos e poñer en valor a súa relevancia para o desenvolvemento social e económico.

Publicidade

O programa

O encontro, que convida a compartir experiencias e afondar en todos os aspectos do investimento en ciencia e tecnoloxía, comezará o mércores 19 con dúas visitas simultáneas ás 10 horas, polo que os interesados só poderán asistir a unha. A primeira será na cidade das TIC na Coruña e leva o título de Novos desenvolvementos da intelixencia artificial para todo o ecosistema de innovación. A segunda será a tradicional visita ao ecosistema biotecnolóxico e da saúde de Galicia -CiMUS e Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica- que se centrará na innovación para resolver os retos da sociedade. Ao remate realizarase un almorzo networking na Biopolo Sionlla de Santiago.

Durante esa mesma tarde celebrarase o taller Impulsando a cultura da transferencia e, a continuación, unha charla sobre Ecosistema relación e proxectos.

Publicidade

Mesas redondas e incrición

Na xornada do xoves día 20 realizaranse unha serie de charlas dende ás 09:30 horas. Aspectos como o emprendemento científico, lonxevidade, foodtech e diversos enfoques dos investimentos serán algúns dos temas principais das actividades. Ademais, tamén se celebrará a gala de premios Investir en Ciencia e farase un almorzo de networking para compartir experiencias entre os profesionais do sector.


Podes inscribirte de maneira gratuíta a través desta ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A nova edición dos premios Zendal consolídase cun 11% máis de canditaturas procedentes de 14 países

As propostas, un total de 189, son de universidades, centros de investigación e hospitais de referencia internacional

Novembro para descubrir, rir e namorar da ciencia en galego

A UVigo conmemora o Día da Ciencia en Galego cun programa de actividades que durará todo o mes

Ciencia para todo

A divulgación científica rigorosa e de calidade é máis importante ca nunca. Por Laura Filloy

Os mapas da xentrificación en Galicia: estes son os barrios máis afectados

Un novo estudo identifica as áreas máis vulnerables en Vigo, A Coruña e Santiago e describe a reconfiguración das tres urbes nun período de seis anos