151 novos casos en Galicia, a maior suba porcentual en España

Houbo 8 mortes en Galicia nas últimas 24 horas, unha nova negativa tras non rexistrar ningún falecemento na xornada do mércores

Un total de 151 positivos confirmados por PCR sitúan a Galicia como a comunidade con maior suba porcentual do Estado, cun 1,7 por cento de incremento de novos casos ata alcanzar un total acumulado de 8.848, segundos os datos ofrecidos polo Ministerio de Sanidade para as últimas 24 horas.

Por detrás de Galicia porcentualmente, sitúanse o País Vasco, cun incremento do 1% de casos, Andalucía e Extremadura, cun 0,9%.

Publicidade

Ademais, houbo en Galicia 8 mortes rexistradas nas últimas 24 horas, un dato moi negativo despois de que, na xornada do mércores, non se rexistrase ningún falecido. Na xornada de onte non se produciron falecementos en centros residenciais, aínda que faleceron dous usuarios en hospitais ou residencias integradas, segundo a información que facilita a propia Xunta.

A Consellería de Sanidade informou tamén que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 3.357, deles 800 son da área da Coruña, 238 da de Lugo, 673 da de Ourense, 208 da de Pontevedra, 791 da área de Vigo, 489 da de Santiago, e 158 da de Ferrol.

Publicidade

Do total de pacientes positivos, 45 permanecen en UCI, 278 están en unidades de hospitalización e 3.034 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 5.816 persoas curadas e se teñen rexistrado 555 falecementos. Segundo os datos que achega o Ministerio de Sanidad, no día de onte concedéronse 243 altas, 12 persoas ingresaron nos hospitais e 2 nas UCI debido á doenza.

O número de PCR realizadas, segundo o Sergas, é de 98.830.

O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 2,8% do total das persoas residentes.

 

Táboa publicada polo Ministerio de Sanidade cos novos positivos.

Os cambios desde Galicia volven alterar os datos da Covid-19 que difunde España

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro