Benito Regueiro: “Cremos que a circulación do virus foi moi baixa, e iso é preocupante”

O xefe de servizo de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo e catedrático da USC explicou a utilidade dos 'kits' de diagnóstico

Ademais da atención aos afectados, unha das principais ferramentas clínicas na epidemia do coronavirus é a detección do virus a través dos distintos métodos que existen. Benito Regueiro, catedrático de Microbioloxía da Universidade de Santiago de Compostela, é tamén xefe do servizo de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) e membro do comité de xestión de crise que asesora á Xunta de Galicia.

A partir da súa experiencia nestas semanas, Benito Regueiro abordou este martes, no seminario organizado pola Real Academia Galega de Ciencias, o diagnóstico deste virus. “Desde o primeiro momento, arredor do 11 de xaneiro, dispúxose de técnicas moleculares para detectar o virus grazas a que se obtivo a súa secuencia completa”.

Publicidade

A circulación do virus en Galicia

Benito Regueiro incidiu tamén nunha das claves cara ao futuro: a presenza real do virus en Galicia. Ao chegar máis tarde que a outras zonas da península ibérica, e ao decretar as medidas de confinamento ao mesmo tempo en todo o territorio estatal, todo apunta a que a circulación foi máis breve e, por tanto, menor. “No caso de Vigo, calculamos que o virus non circulou abertamente máis de 3 ou 4 días”. Ante isto, expón, “cremos que a circulación do virus foi pequena e, por tanto, isto é preocupante, xa que hai unha parte importante da poboación que non desenvolveu anticorpos, o que nos obriga a tomar moitas precaucións ante unha posible segunda ondada”.

O estudo epidemiolóxico do Sergas

Regueiro explicou tamén que o estudo epidemiolóxico no que está traballando o Servizo Galego de Saúde ten por obxectivo “ter un mapa o máis exacto posible de cal é a situación de seroprevalencia en Galicia, en función das distintas áreas sanitarias, e contarnos quen estivo en contacto co virus”. “Para nós é clave á hora de pensar no desescalado, e este estudo dirá, por exemplo, se circulou nunhas zonas máis ca outras”, engadiu.

Publicidade

Sobre a realización das probas PCR, Regueiro explicou que na actualidade en Vigo estanse a realizar unhas 2.000 diarias. Regueiro referiuse tamén ás limitacións que teñen que afrontar os equipos de microbioloxía  “O maior problema foi a carencia dos stocks no mercado, primeiro cos hisopos para tomar as mostraxes, e despois con reactivos para a extracción dos ácidos nucleicos”.

Tipos de test

Sobre os distintos tipos de probas, o microbiólogo explicou que “todas valen, pero hai que colocar cada un no seu sitio, e hai que ter en conta as diferenzas entre a sensibilidade analítica e sensibilidade clínica”. A solución, expón Regueiro, é combinar os distintos tipos de probas para acadar unha sensibilidade superior ao 98%.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Eclipse solar: o que lles ocorre ás bacterias cando o Sol desaparece

A radiación ultravioleta e os cambios na luz durante o fenómeno poden alterar a supervivencia e o comportamento bacteriano

Que é a variante Frankestein? Síntomas e cando chegará a Galicia

"Non é unha ameaza", asegura a inmunóloga África González, que considera que o nome non está vinculado coa aparición de casos máis graves

É mellor ducharse pola mañá ou pola noite? Unha microbióloga dá a resposta

A ciencia detrás do hábito diario: cando é máis recomendable ducharse segundo o noso corpo e os microbios que nos habitan

A covid pode provocar placas semellantes ás do alzhéimer nos ollos

Os estudos relacionan a néboa mental tras o coronavirus e a acumulación de beta amiloides no sistema nervioso central