Aumentan en Galicia as mortes por tumores e por doenzas respiratorias

As defunficións no país aumentan un 4,7% no primeiros seis meses do ano, mentres caen as relacionadas co sistema circulatorio

As defuncións provocadas por tumores aumentaron un 1,4% en Galicia; as derivadas de enfermidades infecciosas un 1,7% igual que as que teñen que ver co sistema nervioso; e as relacionadas co sistema respiratorio un 24,4%. Así o confirman os datos publicados este luns polo Instituto Nacional de Estatística e que se corresponden ao exercicio do 2021 de forma definitiva e ao primeiro semestre de 2022 de xeito provisional. Estes últimos consolidaranse durante o vindeiro ano.

Por outra banda, segundo o INE, Galicia rexistrou a maior caída de defuncións por enfermidades do sistema circulatorio no primeiros seis meses de 2022. E, en xeral, as mortes no país subiron un 4,7% ata o mes de xullo. Pola contra, as defuncións por doenzas do sistema circulatorio diminuíron un 4,5% na comunidade nesta primeira metade do ano.

Publicidade

No resto do Estado

No ano 2021 producíronse en España 450.744 defuncións, 43.032 menos que no ano anterior (un 8,7% menos), e máis da metade foron como consecuencia dunha enfermidade circulatoria ou dun tumor, segundo o informe ‘Estatísticas de defuncións segundo causa de morte. Ano 2021’, publicado polo INE.

Tal e como se desprende no informe, a taxa bruta de mortalidade situouse en 952,3 falecidos por cada 100.000 habitantes e, por sexo, faleceron 231.410 homes (un 7,3% menos que en 2020) e 219.334 mulleres (un 10,2% menos).

Publicidade

O 96,3% das defuncións debéronse a causas naturais, aínda que faleceron 433.913 persoas por estas causas, un 9,2 por cento menos que en 2020. No entanto, e en relación con 2019 (ano previo á pandemia) en 2021 en España producíronse 32.041 defuncións máis (un aumento do 7,7%). Por sexo, o incremento foi do 8,8 por cento no caso dos homes e do 6,5 por cento entre as mulleres.

O grupo de enfermidades do sistema circulatorio mantívose como primeira causa de morte en 2021, co 26,4% do total (e unha taxa de 251,8 falecidos por cada 100.000 habitantes), seguida dos tumores, co 25,2% do total (e unha taxa de 240,1). As enfermidades infecciosas, que inclúen a COVID-19, foron a terceira causa de morte co 10,2% do total (e unha taxa de 97,2).

Pola súa banda, as enfermidades respiratorias situáronse como cuarta causa de morte, co 7,9% do total e unha taxa de 75,1 falecidos por cada 100.000 habitantes. Respecto ao ano anterior, os falecementos debidos a tumores aumentaron un 0,8%.

Pola contra, os debidos a enfermidades infecciosas, a enfermidades do sistema respiratorio e a enfermidades do sistema circulatorio diminuíron un 43,1%, un 16,3&e un 0,6&, respectivamente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia, entre as comunidades con máis mortalidade por cancro: estas son as causas da desigualdade

Un informe europeo revela que a taxa de falecementos é maior e a redución de mortes é menor ca en rexións como Madrid e Cataluña

Un terzo da poboación galega terá máis de 65 anos en 2039

O IGE estima que dentro dunha década haberá 260 individuos que superen os 65 anos por cada 100 menores de 20

Galicia lidera a mortalidade por sarcoidose, unha rara enfermidade inflamatoria

Ourense e Lugo concentran o maior risco de falecemento por unha patoloxía que pode afectar a todos os órganos, especialmente pel e pulmóns

Cantas persoas naceron o mesmo día ca ti? Compróbao nesta aplicación

O Instituto Nacional de Estatística ofrece unha ferramenta interactiva que permite descubrir canta xente está de aniversario en España nun día, mes e ano concretos