A Xunta amplía ata os 21 anos a vacina contra o papiloma humano

A Consellería de Sanidade achegará enfermeiros aos centros de educación para aumentar o número de inmunizados e para mellorar a conciliación

Os mozos galegos de ata 21 anos poderán vacinarse fronte ao virus do papiloma humano a partir do próximo luns 26 de maio. A medida, que foi anunciada este martes polo conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, ten como obxectivo inmunizar a 24.500 rapaces varóns. Desde 2024, xa se inoculaba aos de ata 18 anos.

O Goberno galego ofrece, desde 2008 no caso das nenas e desde 2022 en nenos, a vacina fronte ao virus do papiloma humano ao cumpriren os 12 anos. A porcentaxe de adherencia a esta vacina en nenas nadas desde 2006 a 2010 está preto do 100%. No caso dos nenos, a cohorte de 2010 chega a unha cobertura próxima ao 93%.

Publicidade

O titular de Sanidade adiantou o lanzamento dunha campaña de difusión en medios de comunicación. “Conscientes da súa efectividade, en setembro de 2024 (…) ampliamos a vacinación a todos os nenos ata 18 anos”. Unha vacinación que agora, dixo, amplían de novo, elevándoa ata os 21 anos. A intención é que, sumada á información facilitada polos profesionais, sirva para trasladar a conveniencia de vacinarse contra o VPH.

Achegar a vacina aos colexios

A próxima campaña da gripe tamén incluirá outras novidades. Por exemplo, a vacinación desta ampliarase ata os 11 anos. Ademais, poderá facerse por vía intranasal para evitar a picada. Esta nova versión, introducida para os nenos de entre 24 e 59 meses, mellorou as coberturas ata 10 puntos con respecto o ano anterior. Agora, xa as teñen o 65,78% dos cativos.

Publicidade

A Xunta tamén porá en marcha un proxecto piloto para administrar esa vacina nos centros educativos. Este novo proxecto desprazará a equipos de enfermería, co obxectivo de achegar a vacina a 19.200 escolares de educación infantil e primaria correspondentes aos nados entre 2014 e 2022. Segundo Gómez Caamaño, a intención é aumentar así a accesibilidade e facilitar a conciliación familiar.

As novas ampliacións aumentan os posibles beneficiarios en case 150.000 rapaces, acadando os 216.000. Isto suporá un investimento duns 2.350.000 euros, o que representa un incremento de 1,1 millóns de euros respecto á tempada anterior.

A administración galega tamén avanza a decisión de ampliar o rango de idade da vacina reforzada de alta carga contra a gripe. Agora, estará dispoñible desde os 70 ata os 79 anos. Este maior alcance é consecuencia dos ensaios clínicos Galflu realizados para avaliar a efectividade da vacina, na que participaron 134.000 persoas durante dúas tempadas. En total, a poboación inmunizada coa vacina reforzada aumentará en 220.000 persoas, para acadar os 540.000.

Vacinación no gonococo e no dengue

A inmunización fronte ao gonococo en menores de 65 anos de alto risco tamén estará dispoñible en Galicia. Sumarase á vacina contra o dengue, aínda que esta dependerá doutros factores, como o destino da viaxe, as actividades que se realicen ou a duración ou percorrido.

Gómez Caamaño tamén se referiu ao novo estudo de Nirsegal sobre a efectividade da inmunización contra a bronquiolite. Segundo estes datos, nos tres primeiros meses da súa posta en marcha durante o ano 2023 conseguiu evitar máis de 400 ingresos en lactantes de menos de 6 meses.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como de sostible é o teu concello segundo os obxectivos para 2030? Compróbao neste mapa interactivo

A UVigo desenvolve unha plataforma aberta que avalía o grao de cumprimento dos 17 ODS a partir de 69 indicadores

Físicos advirten dun erro no estudo que vinculaba o cambio de hora con graves riscos para a saúde

Os físicos Jorge Mira e José María Martín Olalla detectan unha localización incorrecta dos condados analizados, o que altera os resultados sobre o desfase circadiano

Investigadores analizan macroalgas verdes mariñas para impulsar a súa valorización en Galicia

Un equipo da UVigo estuda os polisacáridos do xénero Codium da costa galega como fonte de novos ingredientes funcionais

Unha tese identifica unha Escola Galega de Percusión con ritmos e técnicas propias

A investigación de Cristian Silva Bóveda na USC recupera a historia dos intérpretes relegados e descifra os patróns de gravacións do século XX