A OMS insta a vacinar ás persoas vulnerables polo aumento de casos de Covid-19 e gripe

O director xeral avisa de que a maioría dos Estados xa non contan con medidas para limitar a propagación do virus e o risco de propagación que iso supón

O máximo responsable da Organización Mundial da Saúde (OMS), Tedros Adhanom Ghebreyesus, vén de recomendar aos estados de Europa unha vacinación masiva para tódalas persoas vulnerables perante o aumento de casos de coronavirus e gripe no continente.

“Varios países de Europa informan dun aumento de casos, hospitalizacións e mortes por Covid-19. Isto é algo esperable porque o clima está comezando a arrefriar, as persoas pasan máis tempo xuntas en espazos pechados interiores e a maioría dos Estados xa non contan con medidas para limitar a propagación do virus“, argumentou durante unha comparecencia de prensa ao comezo desta tarde.

Publicidade

“As medidas para frear a propagación do coronavirus durante a pandemia tamén axudaron a reducir a carga da gripe. Pero coa maioría desas medidas levantadas, a gripe está de volta e non se debe tomar a broma. As vacinas contra a gripe son seguras e efectivas para reducir as enfermidades graves e a morte, especialmente entre os grupos de maior risco. Así que, por favor, vacínese contra a gripe”, concluíu o director xeral da OMS.

Pero coa maioría das medidas de prevención levantadas nos estados europeos, a gripe está de volta e non se debe tomar a broma.

Tedros Adhanom Ghebreyesus, Organización Mundial da Saúde (OMS)

Unha mención para o ébola

Por outra banda, Tedros Adhanom Ghebreyesus quixo alertar, na mesma comparecencia, do estado sanitario delicado que se está a vivir en Uganda, onde confirmaron 63 casos de ébola e polo menos 29 mortes. Reclamou publicamente que, neste sentido, o país axilice os trámites para realizar os ensaios clínicos coas novas vacinas. “Vimos de liberar dous millóns de euros do Fondo de Continxencia para Emerxencias e estamos a traballar cos nosos socios para enviar a expertos, subministros e máis recursos adicionais para tratar de conter os contaxios“, concluíu o director xeral da OMS.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A galega Zendal completa a vacinación de máis de 7.000 bebés no ensaio da súa vacina contra a tuberculose

O proxecto internacional avaliará se MTBVAC protexe mellor fronte á enfermidade en comparanción con BCG, a única aprobada actualmente para vacinar os recentemente nados

Unha vacina contra o melanoma? Que hai realmente detrás do anuncio de Merck e Moderna

Aínda non se coñecen os resultados completos da fase III do ensaio no que participaron máis de 1.000 persoas. Por Cristina Penas Lago

Unha vacina do rotavirus na infancia podería previr cancros gastrointestinais na idade adulta

Unha investigación do IDIS formula a hipótese de que unha vacina contra a infección, que causa o 5% das mortes infantís globais, podería reducir o risco de contraer cáncer no estómago, páncreas e colon

Un consorcio internacional acelera o desenvolvemento da vacina ‘galega’ contra a tuberculose

Os 12 socios coordinados por Biofabri reciben 18,2 millóns de euros para apoiar dous ensaios clínicos en países de África Subsahariana