O Obervatorio Europeo sinala as zonas de Galicia en risco alto de seca

O Servizo de Xestión de Emerxencias de Copernicus esboza o problema no corredor atlántico e arredor das comarcas máis poboadas

O Observatorio Europeo da Seca acaba de facer públicos os últimos datos sobre as zonas da Unión Europea nun estado de alerta pola seca. Na segunda metade de setembro, o 26% do territorio europeo estaba en risco alto e, aínda que a Península Ibérica non é a rexión máis afectada do continente, os datos de Copernicus apuntan zonas de seria alerta en territorio galego. Segundo os datos aos que tivo acceso GCiencia, o Servizo de Xestión de Emerxencias de Copernicus semella debuxar dúas liñas chave para entender a situación en Galicia. Por unha banda, as principais zonas en risco ambiental alto pola seca ubícanse, indubidablemente, arredor das sete cidades galegas. Pero non só iso, os mesmos datos parecen delimitar un paralelismo co corredor atlántico e tódalas súas comarcas en maior ou menor medida. Dende O Baixo Miño ata Ferrolterra, pasando polo Barbanza, Noia, Santiago, Bergantiños ou Ordes.

A situación dos encoros galegos e as concas hidrográficas non é satisfactoria, nin na do Miño-Sil nin na de Galicia Costa.

Aínda que os datos que publica estes días o Observatorio Europeo da Seca son de apenas quince días atrás, a situación respecto á pluviosidade en Galicia apenas mudou. Malia que organismos oficiais como MeteoGalicia veñen rexistrando chuvias máis recurrentes que durante xullo e agosto, a situación dos encoros galegos e as concas hidrográficas non é, nin de lonxe, satisfactoria, tanto na do Miño-Sil como na de Galicia Costa.

Publicidade

https://twitter.com/CopernicusEMS/status/1576834091663511552?s=20&t=xPlKRtjZSsxaHMNhu-XryA

A situación dos encoros galegos

Segundo o boletín semanal sobre a reserva hídrica do Ministerio para a Transición Ecolóxica, a conca do Miño-Sil atópase flutuando, estes días, arredor do 43% da súa capacidade. Explican que aínda que estes datos son algo mellores que os do ano pasado, pero que, porén, están máis de trescentos hectómetros cúbicos encorados por debaixo da media da última década.

As reservas hídricas da conca Galicia Costa, pola súa banda, gozan dunha mellor saúde

As reservas hídricas da conca Galicia Costa, pola súa banda, gozan dunha mellor saúde, aínda que tampouco están nunha situación non preocupante. Alí, ao comezo desta semana, os encoros tiñan unha capacidade media ocupada de arredor do 51%. Unhas cifras similares, tanto ás do ano anterior como á media da última década).

Publicidade

Non en balde, o verán de 2022 foi o máis cálido en Galicia dende 1961, ano no que, precisamente, empeza a serie histórica recollida pola Axencia Estatal de Meteoroloxía. A AEMET xa vén avisando nas últimas semanas que se prevé un “outono seco” con precipitacións por debaixo do esperado e desexable. De feito, aseguran que é probable que se manteña a tendencia do verán e que a situación de seca, e a capacidade para revertela, dependa das precipitacións que se rexistren neste trimestre.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha igrexa e un curtidoiro elevan a 93 os bens galegos na Lista Vermella

A Coruña concentra o maior número de monumentos en risco, con 34, seguida de Lugo, Pontevedra e Ourense

Percepción do piropo entre a mocidade galega: só o 25% dos rapaces se sente mal cando o emite

Unha tese doutoral investiga a obxectivización do corpo das muller a través desta antiga práctica en 232 adolescentes de Pontevedra e Ourense

Do cambio climático aos patóxenos: as claves do acusado declive da zamburiña en Galicia

Un grupo do IIM-CSIC inicia unha investigación no único banco natural explotable en Galicia que apunta unha combinación de múltiples factores

▪️ Galicia rexistrou a primavera máis seca dende 1990

O último informe de Meteogalicia indica que nos meses de marzo, abril e maio houbo un 46% menos de precipitacións do habitual para o período