Máis de 200 pacientes galegos, nas probas da biopsia líquida

Os voluntarios padecen diversos tipos de cancro e participan dende hosptais de Santiago, Vigo, A Coruña, Lugo, Ferrol e Pontevedra

Un total de douscentos vinte pacientes de cancro incorporáronse ata o momento ao proceso de recollida de mostras de sangue para o estudo da biopsia líquida que desenvolve o Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (Oncomet).

Dependendo do tumor a cada enfermo tómaselle unha soa mostra ou varias ao longo do tratamento. Así, o Grupo logrou analizar ata o momento 368 mostras sendo os principais tumores nos que traballa os de colon, pulmón, páncreas, cabeza e pescozo e melanoma.

Publicidade

O obxectivo é o de validar distintas técnicas de análises de biopsia líquida e en total, grazas o éxito da campaña, poderanse estudar preto de 500 mostras que Oncomet segue recrutando nos distintos hospitais galegos.

“Actualmente as técnicas de estudo de biopsia líquida teñen moita sensibilidade e dan bos resultados para caracterizar tumores avanzados. Pero necesítase mellorar a súa sensibilidade para aplicalas con mellores resultados en estadios máis iniciais e seguir traballando para determinar que técnica é a máis adecuada para cada tipo de tumor. De aí a importancia de seguir investigando”, sinala Laura Muinelo, responsable da Unidade de Biopsia Líquida de Oncomet.

Publicidade

Oncomet, unha campaña de éxito con medio millón en doazóns

Os oncólogos dos distintos centros hospitalarios son os encargados de ofrecer nas súas consultas a aqueles pacientes con determinados tumores a posibilidade de participar neste proxecto no que participan agora mesmo seis centros hospitalarios galegos: o Arquitecto Marcide de Ferrol, o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), o Lucus Augusti de Lugo, o Universitario da Coruña, o Povisa de Vigo e o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP).

A participación dos pacientes neste estudo non vai supoñer ningún cambio no tratamento da súa enfermidade nin ningún beneficio, pero contribuirá ao avance no coñecemento e manexo destas técnicas. Os resultados e conclusións que se obteñan ao longo dos próximos anos dentro deste estudo comunicaranse á comunidade científica e ademais poñeranse en coñecemento da sociedade galega, que é a que permitiu que se financie este proxecto sobre biopsia líquida e que sitúa a Galicia na vangarda da investigación oncolóxica.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Percepción do piropo entre a mocidade galega: só o 25% dos rapaces se sente mal cando o emite

Unha tese doutoral investiga a obxectivización do corpo das muller a través desta antiga práctica en 232 adolescentes de Pontevedra e Ourense

Do cambio climático aos patóxenos: as claves do acusado declive da zamburiña en Galicia

Un grupo do IIM-CSIC inicia unha investigación no único banco natural explotable en Galicia que apunta unha combinación de múltiples factores

▪️ Galicia rexistrou a primavera máis seca dende 1990

O último informe de Meteogalicia indica que nos meses de marzo, abril e maio houbo un 46% menos de precipitacións do habitual para o período

Cinco motivos polos que a Unesco tumba a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

Un informe do Icomos sinala deficiencias na representatividade, na metodoloxía, no descenso demográfico e nos efectos das infraestruturas sobre o valor da paisaxe