As fotos da Vía Láctea como guía para peregrinos

Inaugúrase no Colexio de Fonseca a exposición coas espectaculares imaxes de Daniel Llamas e de Daniel Lois

A mostra fotográfica ‘Vía Láctea, guía de Peregrinos a Galicia’ reúne 40 láminas gran formato realizadas en aluminio seleccionadas do libro editado por Lúdica7 Galicia un lugar mágico para contemplar las estrellas.

As fotografías realizadas por Daniel Llamas e Daniel Lois mostran a aparición da Galaxia dende diferentes lugares únicos de Galicia. A exposición foi inaugurada no claustro alto do Colexio de Fonseca da USC onde se poderá visitar ata o próximo día 26 de setembro.

Publicidade

A exposición está comisariada por Alfonso Freire, editor do libro de Lúdica7, e pola escritora e catedrática de Matemáticas María Victoria Veguín Casas, autora de La Vía Láctea Camino de dioses, almas y peregrinos, que serviu de fío condutor para este nova proposta expositiva, integrada nos actos promocionais do Xacobeo 21.

Un aspecto da exposición inaugurada no Colexio de Fonseca, en Compostela.

En opinión dos seus comisarios, trátase dunha “proposta pioneira por canto reflexiona sobre a importancia que ao longo da historia tivo a Vía Láctea como guía dos peregrinos a Compostela para ver e honrar a tumba do Apóstolo”. Alfonso Freire e María Victoria Veguín lembran como xa dende a publicación do Códice Calixtino esta galaxia foi “unha mancha blanquecina que os peregrinos observaban no seu camiñar a Galicia”.

Publicidade

A proposta fotográfica de Daniel Llamas e Daniel Lois, engaden os comisarios, é ademais unha invitación a “reflexionar sobre a necesidade de non perpetuar a contaminación lumínica no Camiño de Santiago, desenvolvendo accións en favor do ceo nocturno e da observación de estrelas”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguridade viaria tamén está no Camiño: as novas medidas para o Xacobeo 2027

Turismo de Galicia investirá máis de 1,2 millóns de euros na mellora dos cruces das rutas Fisterra-Muxía e Primitivo como parte dun plan para mellorar a experiencia dos peregrinos

O patrimonio cultural de Europa cobra vida en tres dimensións dende atlanTTic

Investigadores da UVigo desenvolven unha aplicación aberta que emprega intelixencia artificial e realidade aumentada para dixitalizar miles de bens culturais

O ‘postureo’ do peregrino medieval

Na Idade Media, o peregrino non só buscaba salvación espiritual, senón tamén construír unha identidade pública a través da súa imaxe

Estas son as zonas do Camiño Francés por Galicia con máis risco de picadura de carracha

Unha investigadora da USC detecta o patóxeno transmisor da enfermidade de Lyme en individuos recollidos en 13 puntos do percorrido