Vigo vaticinou a victoria de Trump

Vigo anticipou a victoria de Donald Trump. Como ten feito sempre. Pero non o Vigo de Galicia, por suposto, pois aínda non se poñen aquí urnas para a Casa Branca. Pero si o condado homónimo situado en Indiana (Estados Unidos). E que hoxe é noticia porque volveu acertar. ‘Vigo, o condado barómetro, aposta por Trump’, titulaba o xornal británico Daily Mail. Este auténtico fenómeno demoscópico contradicía todas as enquisas, pero os vigueses da outra beira do Atlántico estaban seguros da derrota de Hillary que se vén de confirmar.

Vigo-County-sheriff-badge

Vigo County é o que chaman un ‘bellwether‘, unha palabra inglesa que identifica ao líder dun rabaño, o animal que o guía e leva un pequeno sino ao pescozo. Por extensión, aplícase agora a un augur ou a un barómetro, algo que crea tendencia ou pode anticipar uns resultados. E os nosos ‘curmáns’ de Indiana sempre o fan.

Publicidade

Só en dúas ocasións, dende 1888, o condado de Vigo fallou nunha elección presidencial. Foi en 1908 e 1952. O que fai un total de 30 comicios acertados e dous errados. Dende agora son 31 acertos. É por iso que en Estados Unidos son unha tradición as enquisas nesta circunscrición de 108.000 habitantes e 40.000 electores activos. Desta volta a sorpresa foi maiúscula. Mentres todas as sondaxes daban como favorita a Hillary Clinton, en Vigo Couty insistían en que gañaría Trump.

Con este inesperado acerto, Vigo County suma 31 presidentes sen fallar

Dende que, en 1892, apostaron polo demócrata Glover Cleveland os vigueses de Indiana foron mallando os resultados, elección tras elección, incluso reflectindo as porcentaxes. Acertar tanto non é doado. En España, só catro provincias votaron sempre ao partido gañador: Áraba e as tres de Aragón. E os rexistros aquí son dende 1977. En Galicia a circunscrición milagro é Betanzos. Por iso o do Condado de Vigo resulta máis milagreiro. Para presumir, mesmo estrearon un portal web (www.bellwether2016.org), onde publicaban historias e vídeos sobre a súa estraña habilidade adivinatoria.

Publicidade

VigoCountyCourthouse
Casa do Concello de Vigo (Indiana).

Vigo é un dos máis de tres mil condados en que se dividen os estados de Estados Unidos. Situado en Indiana, no Medio Oeste, a súa capital é a cidade de Terre Haute, un inferno de calor no verán e que se cobre dun manto de neve no inverno. A industria e a educación son os cimentos da súa economía, con catro facultades da Universidade Estatal de Indiana e a famosa fábrica de fermentos Clabber Girl, a marca máis popular do país. O nome vén do coronel Francis Vigo, español de orixe italiana que loitou na Guerra de Independencia Americana (a ‘Guerra Revolucionaria’, para os estadounidenses).

O alcume do Condado de Vigo é ‘a encrucillada de camiños de América‘. E, en cada elección presidencial, confirman esta condición. Porque aquí conflúen as aspiracións dos candidatos á Casa Branca. Desta volta, levaban case un ano anunciando que o gañador das eleccións sería Donald Trump. Levaban a contraria a todas as enquisas. Pero este fenómeno demoscópico planetario tiña razón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Manuel, Celso e Abel: os galegos que loitaron con EEUU na Segunda Guerra Mundial

O profesor da USC Javier Fernández Castroagudín participa en tres estudos que poñen o foco en emigrantes galegos que combateron no conflito internacional dende América

Nova polémica científica de Trump: vincula o autismo coa toma de paracetamol no embarazo

O Goberno estadounidense proporá, segundo o Washington Post, a leucovorina como posible cura a pesar do escepticismo da comunidade científica

A empresa galega Alén Space culmina con éxito o lanzamento do seu novo satélite dende California

O obxectivo do aparello creado en Nigrán é abrir unha nova era no sector marítimo e contribuír á súa dixitalización

Tres mortes por sarampelo en EEUU: causas e síntomas dunha doenza sen tratamento

O número de defuncións xa é igual ao total dos anteriores 24 anos e a cifra de contaxios é maior que en todo o 2024