Xoves 18 Abril 2024

Sergas e UVigo manterán o seu programa de investigación a través do Instituto Galicia Sur

O Hospital Álvaro Cunqueiro converteuse o martes no escaparate das actividades de parte dos grupos integrados no Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, tanto na área sanitaria de Vigo como nas de Pontevedra e Ourense. A iniciativa pretendía amosar o potencial investigador que acumula o Instituto.

O director do Instituto, o doutor José Ramón Fernández Lorenzo, e a xerente da Asociación de Coñecemento en Saúde (ACIS), Sonia Martínez Arca, lembraron a importancia da investigación e apostaron polos novos proxectos que poidan xurdir. Fernández Lorenzo salientou que o acto quería “dar a coñecer as liñas de actuación de cada un dos grupos, así como tentar aproveitar ao máximo os recursos dispoñibles no Instituto e comprobar as sinerxías de colaboración que podería haber entre eles”.

Publicidade

ib1

Na xornada participaron vinte grupos de investigación, que puxeron en común as súas experiencias, as liñas de traballo e os posibles resultados aos que chegaron nos últimos meses. O Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS) créase no ano 2008 mediante a firma dun convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Vigo. A súa creación respondía á estratexia promovida desde o Instituto de Saúde Carlos III para o desenvolvemento dos institutos de investigación sanitaria como estruturas organizativas de promoción e desenvolvemento da investigación nos hospitais.

O IIS Galicia Sur é un espazo de investigación multidisciplinar en Biomedicina, con sede no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, que aglutina aos grupos de investigación clínicos das Áreas Sanitarias do Sur de Galicia (Vigo, Ourense e Pontevedra) e aos grupos biomédicos da Universidade de Vigo, co obxectivo de promover a investigación traslacional e a innovación, garantindo así a aplicación efectiva dos resultados de investigación en termos de beneficios para a saúde dos cidadáns.

Na actualidade, o Instituto conta con 39 grupos de investigación. Deles, 22 son do Sergas, das xerencias de Vigo (18), Pontevedra (3) e Ourense (1); outros 16 da Universidade de Vigo e un mixto. En total, nestes grupos están implicados 507 profesionais entre investigadores clínicos, básicos e técnicos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo de atlanTTic deseña antenas innovadoras para satélites xeoestacionarios

O proxecto da UVigo busca unha redución na masa e o volume da tecnoloxía, así como diminuír os custos

Un equipo da UVigo analiza en alta resolución o transporte de humidade no Atlántico norte

O grupo EphysLab investiga como se altera o ciclo hidrolóxico na rexión oceánica por procesos relacionados co cambio climático

Sanidade intensifica a vixilancia da tosferina, con 241 casos no que vai de ano

A maior concentración de diagnósticos actuais dáse en idades escolares, sobre todo na franxa de 10-14 anos

O Sergas inicia un programa piloto de cribado de cancro de pulmón

A proba vai dirixida a persoas de alto risco de entre 55 e 74 anos que sexan grandes fumadoras ou deixaran o hábito hai menos de 10 anos