M63: a galaxia Catasol

Créditos da imaxe: ESA, NASA, Hubble
Créditos da imaxe: ESA, NASA, Hubble

Explicación: unha das galaxias espirais brillantes visibles no ceo setentrional é M63, a galaxia Catasol. M63, tamén catalogada coma NGC 5055, pode atoparse cun pequeno telescopio cara a constelación dos Cans de Caza (Canes Venatici). Pode ollarse na imaxe publicada polo Telescopio Espacial Hubble o seu centro, ao completo con brazos espirais amplos e longos que brillan en azul por unhas poucas estrelas brillantes novas, nebulosas de emisión que brillan en vermello polo gas hidróxeno ionizado e o po escuro dos numerosos filamentos. M63 interacciona gravitacionalmente con M51 (a galaxia Remuíño) e varias galaxias máis pequenas. Á luz lévalle uns 35 millóns de anos chegar a nós desde M63, e uns 60.000 anos atravesar a galaxia espiral. As estrelas das rexións máis externas da galaxia Catasol rotan ao redor do centro a unha velocidade tan alta que, se fose pola materia ollada e asumindo unha gravidade normal, deberían saír voando ao espazo. Que as estrelas fiquen considérase un indicio de que está presente algún tipo de materia escura, invisible e gravitacionalmente atractiva.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo