Sánchez Dragó participa este xoves en Santiago no debate de Regueifas da Ciencia

Fernando Sánchez Dragó, Emili Marlés, Antonio Martínez Ron e Juan Ignacio Pérez ‘Iñako’ debaterán acerca da coexistencia entre ciencia e relixión na que será a última actividade das ‘Regueifas de Ciencia’ deste ano, unha iniciativa de divulgación científica da USC financiada pola Fecyt.

Pode a ciencia por si soa explicalo todo?, un maior progreso científico implica o declive da relixión?, poden os científicos profesar algunha fe relixiosa?, hai cabida para a espiritualidade nun mundo no que a ciencia avanza a pasos de xigante? ou é a ciencia unha nova relixión en si mesma?. Para tentar dar resposta a todas estas preguntas e algunha máis, Regueifas da Ciencia convoca un novo debate este xoves 10 ás 20.00 horas en Ciencias da Comunicación.

Defendendo a compatibilidade da fe e da ciencia estarán o novelista Fernando Sánchez Dragó e o sacerdote teólogo e físico Emili Marlés, que se enfrontarán dialecticamente ao xornalista e divulgador científico Antonio Martínez Ron e a Juan Ignacio Pérez ‘ Iñako’, coordinador da Cátedra de Cultura Científica da Universidade do País Vasco.

Todos participan
‘Regueifas de Ciencia’, que cun enorme éxito de aceptación pecha agora a súa primeira edición, consiste en diversos debates tipo Oxford (con moderador, quendas de palabra cronometrados, estrutura por bloques…) sobre cuestións polémicas baseadas na ciencia. Os transxénicos, o cambio de fuso horario en España e a experimentación científica en animais foron os temas dos tres anteriores.

Para comprobar a capacidade persuasiva deste tipo de acción dialécticas, á entrada da sala pregúntaselle ao público –a través dun sistema de voto electrónico– cal é a súa postura inicial sobre o tema a tratar, que será confrontada xusto ao remate da sesión. O equipo que organiza estes debates, que se retransmiten en streaming dende a facultade, leva tempo animando o debate a través das súas contas en Facebook e Twitter(@regueifaciencia).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Vacas no carazo e un intestino, protagonistas das mellores imaxes científicas do ano

A iniciativa divulgadora do CSIC selecciona oito propostas para formar parte dun catálogo e dunha exposición itinerante por todo o país

O IGFAE colabora na detección da fusión de buracos negros máis grande xamais observada

Os centros LIGO-Virgo-KAGRA anuncian a identificación dunha onda gravitacional que abre novas perspectivas no estudo destes eventos cósmicos

Catro de cada dez galegos cren que os gobernos crean virus para controlar a súa liberdade

Tres de cada catro cidadáns confía na investigación científica, pero o número de escépticos aumenta en liña coa dinámica mundial

O programa de Maiores da UVigo retoma as charlas abertas en Vigo, Ourense e Pontevedra

O alumnado do programa cambia as aulas por cafetarías para compartir uns minutos ‘de ciencia e vida’