Un século da fin dos foros: a lei que consentiu a liberación da propiedade da terra en Galicia

O 25 de xuño de 1926 o Consello de Ministros aprobou o Decreto-Lei que permitiu eliminar o sistema que alzou a figura da fidalguía

“Decláranse redimibles todos os foros, subforos, foros frumentarios, rendas en saco, sisas, dereituras, cédulas de planturia e calquera outros gravámenes de análoga natureza xurídica”. Hai cen anos, o 26 de xuño de 1926, os xornais de toda España abrían cunha nova: a liberación da propiedade da terra dende o día 25, en Galicia, Asturias e León. A loita comezou coa figura do movemento agrarista galego, con personaxes destacados como Xosé Rodríguez, Manuel Lugrís, Basilio Álvarez ou Manuel Colmeiro; este último foi o primeiro economista galego en compartir a vía que debía de seguir a agricultura galega para avanzar cara á modernización.

Segundo Xosé Cordero Torrón, doutor pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), durante o Antigo Réxime o foro foi a figura xurídica predominante que establecía relacións entre rendistas, propietarios agrarios e campesiños. Tratábase dun contrato agrario de longa duración e carácter temporal que propiciou a aparición dun novo grupo social: a fidalguía, que fixo do foro a súa forma de vida, tal e como se explica na Enciclopedia Galega Universal. O fidalgo foreiro cobráballe ao campesiño, que tomara en subforo, unha renda superior á renda que el lle debía de pagar ao titular do dominio.

Publicidade

A raíz da presión e dunha notable necesidade de modernizar a agricultura, o goberno ditatorial de Miguel Primo de Rivera convocou en 1924 unha asamblea rexional en Santiago de Compostela con especialistas, dende técnicos ata perceptores e pagadores de foros. Alí buscaron unha maneira eficaz e xusta para redimir as rendas. Foi en 1926 cando o Consello de Ministros rematou por aprobar o Decreto-Lei que permitía eliminar o sistema de foros. Con todo, nalgúns casos, este perviviu ata 1973, ano proposto para a prescripción de calquera contrato foral.

Os antecedentes de 1926

En 1852 presentouse un proxecto de lei de redención dos foros no Congreso Agrícola Galego organizado pola Sociedade Económica de Santiago, presentado e rexeitado máis de dez anos despois nas Cortes. Posteriormente, a finais do século XIX, quíxose iniciar un novo proceso de desaparición do réxime foral, aprobado en 1873 durante a Primeira República, pero suspendido un ano máis tarde.

Publicidade

O proceso acelerouse a principios do século XX e produciuse unha redención gradual dos foros mediante a indemnización dos preceptores das rendas. Era unha evolución cunha explicación detrás: por unha banda, Galicia entrou no mercado, o que esixiu un nivel de produción maior do que ofrecían as rendas; por outro, os labregos tomaron conciencia da situación e organizáronse en sociedades —Solidaridad Gallega, Acción Gallega ou Directorio Antiforista de Teis—. A loita foi maior en lugares como A Peroxa, Pontedeume e Chantada.

Oitenta anos antes da formalización da lei, Manuel Colmeiro, segundo o investigador Xosé Cordero, enunciou as medidas que se debían adoptar, cos foros como a causa do bloqueo do crecemento agrario e da economía galega. “Na súa opinión [de Colmeiro], o cambio na estrutura da propiedade e o crecemento da produción agraria alimentarían un incremento dos intercambios comerciais e unha expansión das actividades industriais“, conclúe. E foi así, hai un século, que se levou a cabo o principal paso cara á modernización da terra en Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica