O naufraxio do Santa Isabel, o ‘Titanic galego’, terá a súa película

A coruñesa Paula Cons dirixe a longametraxe que comezou a rodarse en Ribeira e na illa de Sálvora

A produtora Agallas Films sostén que estamos ante o ‘Titanic galego’. Porque o naufraxio do buque Santa Isabel tivo todos os elementos dunha dramática traxedia que se cobrou a vida de máis de duascentas persoas.

Esta semana deu comezo a rodaxe da longrametraxe “O Santa Isabel·, da directora coruñesa Paula Cons e protagonizado por Nerea Barrros, Darío Grandinetti e Aitor Luna. Trátase dunha coprodución internacional inspirada no naufraxio deste vapor transatlántico fronte á illa de Sálvora en 1921 coas tres heroínas do “Titanic” galego como protagonistas, tras ser inxustamente esquecidas.

Publicidade

A película rodarase durante seis semanas na illa de Sálvora e en diversas localizacións dos municipios galegos de Ribeira, Muros, O Grove, Santiago de Compostela, Arzúa e Oza dos Ríos. O proxecto é froito dunha colaboración entre tres produtoras de Galicia, País Vasco e Arxentina e conta coa colaboración da AGADIC e TVG.

A directora Paula Cons salientou a importancia dos valores que reflicte o filme e para destacar o magnífico estudio que representa a illa de Sálvora. O Santa Isabel inspírase no naufraxio, en 1921, do vapor, que cubría a ruta entre Bilbao e Cádiz recollendo emigrantes rumbo a América, fronte ás costas da illa de Sálvora con máis de 260 persoas a bordo, das que tan só 50 lograron salvar a súa vida grazas á actuación de tres mozos insulares.

Publicidade

Coñecido como “O Titanic galego” naufragou a madrugada do 2 de xaneiro de 1921 fronte a Punta Forneira, a escasos 200 metros da Illa de Sálvora. Tras pasar por varios portos recollendo a pasaxeiros, o vapor correo dirixíase a Cádiz onde a maioría destes tripulantes partirían a América como emigrantes. Cando o buque tentaba facer manobras a causa do forte temporal, A forza do mar e das rochas destruíron a parte inferior do Santa Isabel, que comezou a encherse de auga para afundirse pouco despois. Desde o barco tentaron pedir auxilio, pero a falta de electricidade non permitiu que a mensaxe de socorro chegase o que supuxo que ninguén avisase aos equipos de salvamento marítimo.

Pero o farero da illa de Sálvora escoitou os berros dos tripulantes do vapor correo e sen pensarllo dirixiuse á illa para alertar aos veciños do que estaba a suceder. Os habitantes de Sálvora enseguida mobilizáronse e botaron á mar tres embarcacións, unha para alertar á vila de Ribeira do naufraxio e outras dúas dirixíronse ao lugar do sinistro para rescatar aos sobreviventes da traxedia. Tres mulleres destacaron nesa empresa e recibiron a Cruz de Terceira Clase con Distintivo Negro e Branco do Consello de Estado.

Outro protagonista foi Luís Cebreiro, segundo oficial do Santa Isabel, quen axudou nos labores de rescate negándose a montar nun bote salvavidas por ser moi corpulento e por medo a afundilo ou retendo varios botes ata o amencer para evitar que estes foran contra as rocas pola falta de luz. Cebreiro chegou ata Sálvora nadando despois da súa heroicidade.

1 comentario

  1. Acabo de quedar impresionada. Primeiro pola triste historia que descoñecía, segundo por ter escollido este tema no que precisamente un século antes tres mulleres heroínas recollen un recoñecemento e hoxe unha directora (aínda estemos agora loitanto polos dereitos das mulleres) que me alegra enormemente de que precisamente sea muller. Muita sorte no proxecto que ogallá sexa tan destacado como foi a película Titanic no seu momento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O Porto de Vigo inicia a vertedura de 220.000 toneladas de dragaxes a 3,6 millas de Cíes

O ministerio reabre o vertedoiro submarino xunto a Sálvora e habilita un terceiro a 5,5 quilómetros de Ons, onde descansarán as escavacións do Lérez

Un vertedoiro dun quilómetro cadrado xunto a unha xoia do Parque Nacional

Un informe ministerial abre a porta á reapertura da zona preto da illa de Sálvora para depositar a dragaxe do Lérez, cerca da fábrica de Ence

Os embrións das aves escoitan as conversacións dos seus pais dende o ovo

Un estudo da Universidade de Vigo estudou 44 familias de gaivota patiamarela da illa de Sálvara para atopar diferenzas durante a incubación

Paul Sampedro, o sarxento de Ribeira que foi testemuña do ataque a Pearl Harbor

Un documental repasa a carreira militar do galego que viviu a Segunda Guerra Mundial no Pacífico a través do testemuño do seu fillo