Identificada Elba, a pastora ‘galega’ de hai 9.300 anos

Medía un metro e medio. Era intolerante á lactosa. Tiña unha cicatriz na cabeza, padecía artrose e sufría dor de moas. Un día de hai 9.300 anos camiñaba por unha senda de montaña, preto de Pedrafita do Cebreiro. E caeu accidentalmente nunha sima, xunto cos tres exemplares de uro -un xigante vacún xa extinto- que compoñían o seu rabaño. Agora, 93 séculos máis tarde, esta pastora ten nome: Elba, unha homenaxe á palabra nunha lingua celta que significa ‘a que vén dos montes’. E os que a ‘bautizaron’ son científicos do Instituto de Xeoloxía Isidro Parga Pondal, xunto a prestixiosos xenetistas galegos que veñen de documentar a vida da muller ata agora descoñecida.

Reconstrución parcial de Elba.
Reconstrución parcial de Elba.

Os restos de Elba foron atopados na chamada Cova do Uro. Primeiro o cráneo en 1996 e logo os outros restos. Agora, a revista Cadernos do Laboratorio Xeolóxico da Laxe, do Instituto Parga Pondal, publica unha exhaustiva investigación, que ofrece todos os datos sobre esta muller do Mesolítico.

Publicidade

Sábese que Elba morreu entre os 20 e os 40 anos, e que tiña cabelo e ollos escuros. Tamén, nun informe antropolóxico forense, os investigadores puideron reconstruir o aspecto que podía ter esta pastora. E non só fixeron un debuxo aproximado, senón tamén unha proxección en tres dimensións, como a que vemos na imaxe.

Grazas á investigación do Instituto Parga Pondal, Elba convértese na primeira muller do Mesolítico estudada xenéticamente na península Ibérica. E grazas a esta revolucionaria investigación podemos coñecer a súa vida de hai nove milenios.

Publicidade

Aquí podes ler a investigación completa
nos Cadernos do Laboratorio Xeolóxico da Laxe

19 COMENTÁRIOS

  1. Resultame unha cara moi familiar. Ten cara de acarrexadora de Marín. Eran mulleres cunha forza descomunal. Portaban 40kg de sardiña durante 10km na cabeza coma se nada.

  2. “El carbono 14 reveló su edad, unos 9.300 años. El análisis genético demostró que era una mujer de ojos y pelo oscuros, intolerante a la lactosa, perteneciente al haplogrupo U, característico de los cazadores recolectores europeos, y en concreto al subhaplotipo U5b1, originado en la Península Ibérica hace 16.000 o 20.000 años.”

  3. Poderosa mujer, trabajadora,luchadora,autosuficiente,dueña de su vida,matriarca,jefa etc,etc orgullosa de su trabajo sin sentirse esclava……….LIBRE…….

  4. Orgulloso de ser galego ante feitos coma éste, dunha banda coñecer a unha das nosas devanceiras e doutra que a investigación fora feita por galegos é aquí.

  5. Marabilloso.Parabéns polo traballo .Iso si, oxalá se poidan ler estas cousas na rede sen custe ningún ou en base a unha suscrición, de todos xeitos agardo mercar a revista canto antes.Moito ánimo

  6. Galega, como.concepto nacional non o creo pero que foi atopada na xeografia hoxe coñecida como Galiza, si. Que Galiza, como outras nacións ten historia e prehistoria propias, tamén. Altamira son covas españolas? Si. Chamabase España cando tiñan inquilinos esas covas, non. Entón aceptemos que Elba, por residir nunha cova que está en Galiza é galega coa licencia científica, que ainda que os seus estudos son algo asepticos no tocante a esto, o normal hoxe é chamarlle así, galega, porque sendo no noso país, onde foi atopada.

    • Ola Lola,
      concordo, mais di-lhe o mesmo aos autores das seguintes obras:
      España, Historia y Cultura. Resumen cronologico. Publicado por Klett. Dos autores Joaquin Masoliver e Johan Falk: Neste libro no 500.000 a. de J.C habia Espanha
      O deste outro: Geschichte der spanischen Literatur: Este inclue as Cantigas Galego-Portuguesas dentro da historia do castelhano.
      Cito estas obra por seren de uso no estados de lingua germana. Suponho que iras os corregir de contado, nao iras?
      Sobre os libro no estado espanhol ver as obras de Anselmo Lopez Carreira.

  7. Obrigada por conhecer mais a nossa história, si, a Galega, ( e nom é: tanto faz). Por suposto, a mulher é galega ( mágoa, nom si?). Menos mal que som datos científicos…

  8. Impresionante. Da igual fora galega ou non, era un ser humano, e con eso e suficiente, facia un traballo pa ter comida e poder vivir, un acidente e terminou a sua vida, igual que sucede oxe a moitos seres.

  9. Apasionante este trabajo sobre Elba. Sería una mujer maltratada o un ser humano en toda la amplitud del concepto?

    • Non era unha muller maltratada. Era unha muller que traballaba nun mundo ben duro onde cada un debía cumplir os seus obxectivos porque nen había seguridade social, nen 016, nen nada. Ou traballabas ou morrías.

    • Vaites. Así que, segundo ti, Javier, as mulleres maltratadas non son “seres humanos en toda a amplitude do concepto”…

  10. Como se lle pode chamar “galega”? E despois enfadámonos cando a historiografía “oficial” fala de españois do paleolítico. Sei que pode haber motivos periodísticos (compréndoo e paréceme ata ben e simpático), pero négome a crer que os científicoa falen dese xeito.

    • podemos chala galega porque a historia xenética demostra que non era resultado de unha migración doutras partes doMundo. Se queres sair de dudas podes ler os traballos que están publicados nos Cadernos do Laboratorio Xeolóxico de Laxe. Esto é o que quere decir galega vivía sobre o terreo chamado Galicia agora e os seus xenes están espallados entre alguns dos galegos actuais.

    • Xavier, a historia oficial ja tem apagada a historia e identidade galega por completo. Na web de http://www.iux.es, todos artigos em relação ao tema estão ou em castelhano ou em inglês. Nenhum em Galego.
      O fato de ter topado essa pessoa, dado que foi topada na Galiza, converte-a com probabilidade em uma das nossas devanceiras, senão que façam a comparanza com a povoação atual. E isto um fato muito importante, para nos como povo.
      Se gostas de desfacer mitos, ataca aos já existentes. O nosso não existe.

  11. Boa noite, gosto moito da nosa historia, e do coñecemento , esto é impresionante, gracinhas un saudo

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os 8 lugares para desfrutar da neve en Galicia (e doutras cousas máis)

Grazas á súa altitude, estes enclaves galegos permiten pasar unha xornada entre folerpas e descubrir a biodiversidade e patrimonio cultural que ofertan

O enigma do ADN dos tres uros da pastora Elba do Courel

Investigadoras da Universidade da Coruña analizan a xenética destes bóvidos de hai 9.000 anos para determinar a súa posible relación coas vacas de hoxe

A Xeración Nós e a ciencia galega

Introdución.- Existen bastantes e diversas opinións sobre a delimitación, tanto dos...

Elba do Courel estrea rostro na ampliación do Museo Xeolóxico de Quiroga

Unha recreación da muller que viviu hai máis de 9.300 anos na serra e que foi atopada nunha sima en 1996 preside unha das salas