Destrozan cinco niños e rouban quince ovos de píllara das dunas en Ribeira

Unha ou varias persoas destrozaron na noite do martes ao mércores cinco niños protexidos e roubaron quince ovos de píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) na praia de Coroso, en Ribeira. Este areal é un dos máis importantes para a supervivencia desta especie, da que apenas quedan un cento de parellas en Galicia. As praias do noso territorio son o último reduto desta ave limícola no norte da península Ibérica.

A desfeita foi descuberta na mañá do mércores pola bióloga María Vidal, a principal investigadora en Galicia sobre esta ave. “En 20 anos, nunca vira nada igual; é dantesco”, lamentábase. Segundo contou, a persoa ou persoas responsables dos feitos “sabían ao que ían”. Levantaron as redes de protección e levaron consigo quince ovos que estaban aínda sen eclosionar.

Publicidade

Os feitos poderían constituír un delito cunha grave sanción económica

Vidal xa puxo os feitos en coñecemento do Seprona. Os culpables dos feitos terían que enfrontarse a un delito medioambiental que acarrea graves sancións económicas, ao tratarse nunha especie incluída no Catálogo Galego de Especies Ameazadas. A praia de Coroso sitúase nunha zona urbana moi transitada e próxima á vila de Ribeira.

Nesta época, a píllara das dunas atópase en plena fase de cría, unha etapa crítica e moi sensible para garantizar o relevo xeracional. A miúdo, os seus niños son destrozados pola acción humana, as mascotas e, en menor medida, por algúns depredadores e polo efecto das mareas.

Publicidade

 

8 COMENTÁRIOS

  1. Este parque está abandonado desde hace 25 años por la consellería, y aún tienen los cojones de hacer una fiesta conmemorativa y plantar especies foráneas del parque!

  2. Que horror, que barbarie querer extinguir unha especie a propósito. Seguro que por temor a que amplien zonas protexidas ou algo así de criminal e de ignorancia. Cárcere e xustiza!

  3. Isto sí que é un criterio do noso nivel educativo mais vergoñante q os datos cuantitativos nos q nos comparan co perfecto modelo de Finlandia.
    Cómo vai haber conciencia ambiental nun país no q a responsabilidade da Biodiversidade no organigrama da Xunta está dependiente da Dirección de caza e pesca?
    País….paisanaxe….

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A poboación de píllara das dunas mostra unha tendencia positiva e acada a cifra máis alta dende 2014

A Consellería de Medio Ambiente contabiliza 93 parellas reprodutoras da especie vulnerable en 25 praias galegas

O rastro da esquiva quenlla branca no noroeste peninsular: menos de 30 avistamentos en cinco séculos

Unha investigación con participación galega segue os rexistros do animal nas augas do Atlántico nororiental

Queren o turismo masivo

Os casos da Ribeira Sacra e dunha praia de Aguiño son só algúns exemplos deste fenómeno. Por Andrea Veiga

A natureza que nos rodea

Un novo estudo da Universidade de Santiago detecta unha nova ameaza para a píllara das dunas en Galicia