Que é o esgrafiado? A técnica para decorar o cal das casas galegas que pon en valor a Xunta

O método de albanelería pasa a formar parte do Censo do Patrimonio Cultural de Galicia para garantir a súa protección como ben inmaterial

“O esgrafiado galego conforma un dos exemplos de técnicas, coñecementos e usos máis relevantes das formas de vida tradicional”. Así o recolle a resolución publicada este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG), polo que a técnica pasa a formar parte do Censo do Patrimonio Cultural de Galicia co obxectivo de protexer, por en valor e garantir o seu legado. O esgrafiado é unha forma tradicional de albanelería para decorar o cal das paredes das casas tradicionais galegas.

O seu valor reside, segundo indica a resolución, por proliferar en toda Galicia, malia que está máis presente no sur e no leste do país, sobre todo nas provincias de Lugo e Ourense. Ao parecer, o maior uso do esgrafiado nestas zonas débese a que as construcións de cachotaría son maís habituais. Pola contra, son menos comúns o perpiaño e a cantaría. Por tanto, a técnica tradicional “axéitase para o acabamento do muro, coa fin de corrixir irregularidades e dignificar as fachadas”.

Publicidade

Execución complexa

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural cualifica o esgrafiado como a técnica de execución máis complexa de todas as que están destinadas a ornamentar os morteiros de cal. “O coñecemento do material e a habilidade dos procesos axeitados para a súa execución posúen unhas características propias e recoñecibles, que conforman unha técnica singular de gran beleza“, indica a resolución. Porén, o propio texto indica que o esgrafiado “está en perigo”, dada a falta de albaneis en activo que estean formados na elaboración desta técnica. Tampouco consideran que haxa “suficiente formación” sobre revestimentos con cal nas escolas de oficios de Galicia.

Máis alá da arte

“Na cultura tradicional non existe a arte pola arte”, continúa subliñando a resolución do DOG. Desta maneira, a Xunta explica que o esgrafiado vai máis alá de ser unha ornamentación da parede de cal. “É un código de comunicación complexo que revela valores estéticos e sociais, unha tradicióne unha continuidade dunha identidade e, de xeito moi evidente, sinala relacións coa paisaxe, co medio das aldeas en que se habita”.

Publicidade

Así, este tipo de revestimentos responden a diversas funcións como, a arquitectónica para reforzar muros e evitar humidades, a decorativa seguindo a moda do seu tempo; a simbólica, como protección en determinadas formas como cruces e símbolos astrais; de comunicación, para convidar ao camiñante no caso de xerras e vasos, ou a hixiénica, polas propiedades do cal. Deste xeito, a Dirección Xeral de Patrimonio inclúe o esgrafiado nas listaxe que recolle os bens materiais e inmaterias que merecen ser protexidos polo seu valor

2 COMENTÁRIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia inicia un cribado para detectar cardiopatías conxénitas en neonatos

A proba comezará a realizarse o 2 de decembro a todos os bebés nados en territorio galego e será indolora e non invasiva

Descuberta unha ara galaico-romana en Caldas de Reis

Unha asociación local identificou a peza nunha finca privada e as autoridades trasladárona ao Museo de Pontevedra

Así é o novo plan da Xunta para reducir os niveis de radon en cinco anos

Sanidade realizará medicións en centros educativos, sanitarios e de traballo, así como nos fogares, para analizar a exposición ao gas

A Xunta lanza un programa en competencias dixitais para formar a 45.000 galegos 

A acción formativa impulsada por Amtega é de carácter gratuíto e 100% en liña, e está dirixida a persoas de entre 14 e 74 anos