Atopan o primeiro poema do Padre Feijoo, datado en 1701

Benito Feijoo comezou a súa carreira literaria moito antes do que se pensaba. En 1701, cando contaba 25 anos, xa rimaba versos. Así vén de descubrilo o investigador da Universidade de Oviedo Rodrigo Olay Valdés, que identificou o primeiro poema escrito polo relixioso ourensán, e que está dedicado ao rei Felipe V.

O achado, que se publica na revista ‘Castilla‘, da Universidade de Valladolid, supón adiantar en 18 anos o primeiro texto atribuido ao Padre Feijoo. E tamén nos fala das súas simpatías políticas, ao ser un firme defensor da causa borbónica cando recén comeza a Guerra de Sucesión.

Publicidade

O poema foi publicado sen outra firma máis aló de indicar que é obra de “Un Xenio”. Consiste nunha “Glosa” en dúas décimas a unha quintilla, escollida precisamente “por ser difícil de glosar”. Aínda que fora publicado fai máis dun século por Justo E. Areal nas súas Poesías inéditas do Padre Feijoo (1901), Areal descoñecía a súa data de composición. Con todo, agora Olay Valdés determina que o texto foi publicado por vez primeira en 1701.

Existen dúas copias do poema, de dous coleccionistas de Ourense e Pontevedra. Un deles fotocopiou o documento para o investigador.

Publicidade

Feijoo escribe o poema atendendo ao chamado realizado pola Gaceta de Madrid para que se publiquen versos en favor de Felipe V. E o escritor dedica esta obra a “Un grande monarca, por manifestar sempre a relixión do cetro, vai servindo do grande Rey, que amor respirando ardiente está”.

A aparición deste poema permite que sexan 3 e non somentes 2 os poemas que se conservan dun autor que tivo a súa maior produción en prosa e, concretamente, no eido do ensaio.

Cando escribe esta obra, Feijoo é pasante de Artes no Colexio de San Pedro de Eslonza, cerca de León, aínda que está a piques de regresar a Galicia.

Aquí pode consultarse o artigo de Rodrigo Olay e ler o poema inédito de Feijoo

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro

Unha masa de aire africano trae temperaturas por enriba dos 30 graos en Galicia a partir do xoves

O fenómeno elevará as máximas ata 37ºC en Ourense e deixará valores próximos aos 30ºC en boa parte do territorio, con aviso amarelo no interior

A eclipse total de Sol xa está aquí: a guía definitiva sobre a cita astronómica do ano en Galicia

O territorio será protagonista máis dun século despois do último fenómeno, coa Coruña e Lugo na totalidade e as nubes como principal incógnita para a observación

A volta das lapas

As consecuencias dos incendios do verán de 2025 e o primeiro gran lume de 2026. Por Andrea Veiga