A foto que demostra a detonación no asteroide Ryugu

A sonda xaponesa Hayabusa2 envía a imaxe na que se pode ver o éxito do proxectil de tántalo para tomar mostras disparado a pasada semana

A sonda Hayabusa2, da Axencia Espacial Xaponesa (JAXA), cumpriu a pasada semana un dos principais desafíos da súa misión. Debía pousarse sobre o asteroide Ryugu, ao que chegou despois de varios anos de viaxe, e disparar unha bala de tántalo a 300 metros por segundo. O obxectivo era triturar a superficie de Ryugu para obter mostras e traelas de volta á Terra.

E a imaxe publicada este luns pola JAXA parece confirmar o éxito: mentres a Hayabusa2 ascende, vese unha parte da superficie do asteroide algo ennegrecida, unha cor que non estaba nas imaxes previas.

Publicidade

Entre abril e maio agárdase unha nova detonación de Hayabusa2 no asteroide. Se todo vai segundo o previsto, unha carga explosiva máis potente provocará un cráter en Ryugu, e del tomaranse mostras de rocha que non estiveran expostas á erosión espacial.

E unha vez cumprido o obxectivo, a finais deste ano, espérase que a sonda poña rumbo cara a Terra. Unha vez cerca do planeta, a finais de 2020, liberará a cápsula coas mostras tomadas estas semanas, cuxa caída está prevista en Australia. A Hayagusa2 seguirá desprazándose polo espazo, xa que conservará enerxía suficiente para achegarse a outros corpos susceptibles de seren explorados.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O risco de impacto dun asteroide contra a Terra en 2032 é o maior xamais prognosticado

A rocha espacial 2024 YR4, que podería arrasar unha cidade, aumentou ata un 3,1% a súa probabilidade de chocar contra o planeta

As curiosas imaxes do asteroide que podería impactar contra a Terra en 2032

O obxecto, cun ancho de entre 40 e 90 metros, ten unha probabilidade do 2,3% de chocar contra o noso planeta

2024 YR4: o asteroide que podería impactar contra a Terra en 2032

O corpo celeste é semellante ao que impactou en Siberia en 1908, o cal causou unha enerxía explosiva de entre 10 e 20 megatóns de TNT

Un asteroide recibe o nome do astrofísico galego Manuel Carreira

Na súa etapa nos Estados Unidos, Manuel Carreira traballou co descubridor dos neutrinos, Clyde Cowan: a súa pegada vese agora no ceo